Así será a seguinte fase da competición para o Infantil

O Infantil enfrontarase a Mos, Pastoriza, Orzán, Arousá e Vitoria FC para tentar lograr o título da liga Galega Infantil.

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía Infantil acabou na segunda posición do Subgrupo C e disputará unha segunda fase de competición na que loitará polo título da Liga Galega Infantil. As de Quique e Castro afrontan agora un novo formato, no que os dous mellores equipos dos Subgrupos A, B e C fusiónanse para formar unha liguiña.

Os seis equipos parten de cero con respecto á primeira fase. O Infantil enfrontarase a ida e volta aos dous conxuntos procedentes do Subgrupo A e B: Pastoriza, Orzán, Arousá e Vitoria FC, ademais do Mos, encadrado no mesmo grupo das nosas na primeira fase.

O Infantil segue traballando para chegar na mellor forma á 2ª Fase.

Campión
Esta fase desenvolverase en dez xornadas, nunha Liga a duas voltas, proclamándose campión o primeiro clasificado. As azuis comezarán a fin de semana do 5 de marzo fronte ao actual campión, Orzán SD, no Municipal de Oira, para rematar, tamén na casa, a finais de maio fronte ao Victoria FC de Santiago. O calendario do Infantil é o seguinte:

1ª VOLTAPARTIDO2ª VOLTAPARTIDO
J.1
5-03-2023
EFF Rosalía – Orzán SDJ.6
23-04-2023
Orzán SD – EFF Rosalía
J.2
12-03-2023
SDC Pastoriza – EFF RosalíaJ.7
30-04-2023
EFF Rosalía – SDC Pastoriza
J.3
26-03-2023
Atl. Arousana – EFF RosalíaJ.8
7-05-2023
EFF Rosalía – Atl. Arousana
J.4
2-04-2023
EFF Rosalía – UD MosJ.9
21-05-2023
UD Mos – EFF Rosalía
J.5
16-04-2023
Victoria FC – EFF RosalíaJ.10
28-05-2023
EFF Rosalía – Victoria FC

Check Also

Gran triunfo do Infantil no Municipal de Oira

O noso equipo gañou no Municipal de Oira cos goles de Cayetana, María, Mihret, Nicole …

Skip to content