Candela Bouzas, Laura Añón e Claudia marcaron os goles do noso equipo no Municipal de O Seixo.
Nova vitoria da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía Cadete fronte ao Milagrosa no sexto partido consecutivo do equipo invicto en casa en Liga. Malia saír menos intensas que outros partidos, as de Sobrino sumaron os tres puntos grazas aos goles de Candela Bouzas, Laura Añón e Claudia Castro na segunda parte para selar a segunda vitoria consecutiva en Liga e continuar a boa liña dos últimos partidos no Municipal de O Seixo.

A igualdade foi a tónica predominante durante o primeiro tempo, sen un dominador claro e con poucas oportunidades para ambos equipos. Nada máis comezar o xogo, as pontinas puideron adiantarse no marcador, pero o disparo de Sara Bonjoch saíu alto, logo dunha boa xogada de Matilde por banda.
Os goles
Tralo paso polos vestuarios, a igualdade continuou. Candela Bouzas, no 56′, rompeu a igualdade tras rematar unha xogada ensaiada de córner e superar a Lara. Dous minutos máis tarde, Laura Añón aumentou a vantaxe nuevamente á saída dun córner. O partido quedaba visto para sentenza polo visto no terreo de xogo pero no 71′ confirmouno Claudia Castro ao subir o terceiro e definitivo ao marcador. Con esta vitoria, a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía Cadete segue o seu racha no Municipal de O Seixo, onde non perde desde o 13 de novembro, na xornada catro, no que supón o último partido de Jorge Sobrino como técnico do equipo despois da renuncia da semana pasada.



