Así é Pere Tobaruela

O adestrador catalán, de 56 anos, é adestrador con titulación UEFA Prol afincado en Galicia dende hai 16 anos.

Pere Manuel Tobaruela Martínez (Barcelona, 1965) xa é novo adestrador da Escuela de Fútbol Feminina Rosalía. Técnico de 56 anos, procede da Sociedade Deportiva Villestro Feminina e incorpórase ao club azul tras deixar o equipo santiagués en outubro pasado, onde era o adestrador principal en 1ª Nacional.

Cunha experiencia destacable, Tobaruela deu a súa primeira roda de prensa como técnico do equipo pontino, onde falou da súa chegada ao club, do presente e o futuro: “Xa tiña coñecemento do club, estiven en Ourense hai dúas semanas nun acto cultural e tiven ocasión de coñecer o proxecto deportivo in situ porque xa me falaran do proxecto deportivo do Rosalía e ao estar aquí tiven ocasión de coñecelo in situ e xa comentei a semana pasada nunca radio coa que colaboro felicitando o proxecto. Todo isto é un acicate e unas gañas de traballar nun proxecto tan ligado ao fútbol feminino e cunha estrutura idónea para desarrollar o fútbol feminino de abaixo a arriba”.

“Eu creo que a experiencia sempre ten que ser en dúas direccións, eu podo ofrecer cosas pero tamén recibir cousas. Son dos que pensa que aprender para aprender e para ensinar. Ter unha experiencia mais dilatada noutras categorías dáme marxe para intentar axudar mais profundamente”.

“Aínda que pareza un tópico, aportar meu gran de area é importante, intentar axudar. Síntome cómodo nunca estrutura moi ben traballada para fútbol feminino, eu creo que podo encaixar por experiencia, por ganas de ensinar e de aprender e tamén, evidentemente, de competir”.

“Son un estudoso do fútbol e intento, a partir das xogadoras de que dispoño, intentar sacar o maior proveito como equipo”

PERE TOBARUELA, adestrador EFF Rosalía Sénior

Pere adestrador
“Esas son cousas que teñen que definir outros. Falar dun mesmo sempre é difícil, pero eu creo que son unha persoa educada e intento transmitir as cousas cunha maneira que chegue ás xogadoras e para iso creo que a educación é unha ponte moi importante e, despois, intentar facer un traballo con sorriso debuxado na faciana, a intensidade non está reñida co que estas a facer. Creo que estas son as dúas liñas a nivel mais xeral. A nivel particular, evidentemente, defínome como un estudoso do fútbol e intento, a partir das xogadoras de que dispoño, intentar sacar o maior proveito como equipo porque entendo un equipo non como individualidades senos como unha suma de xogadoras”.

Estilo de teus equipos
“A todos nos gusta que haxa unha combinación, que haxa un xogo bonito, como se coñece hoxe en día, pero tes que partir da base de que primeiro tes que coñecer as xogadoras que tes e a partir do que tes elaborar. Unha vez que elaboras, darlle diversas solucións aos problemas que se podan atopar nun partido. Si temos un rival ao que hai que xogarlle longo e en profundidade, tes que ter adestrado iso, se tes que xogar contra un rival que estea foi pechado e haxa que forzar as basculacións, pois quizais Texas que xogar un xogo combinatorio no que a velocidade do balón é importante. En definitiva, adaptarse ao que hai e a partir de aí, evidentemente sabendo contra quen compites, competir dunha determinada maneira aproveitando as debilidades do rival e túas fortalezas”.

Hándicap chegar no medio da tempada
“Os hándicaps, as veces, son retos e ademais teño que dicir eu non parto de cero, o traballo do Rosalía e o traballo anterior é magnífico. É un equipo que xa está rodado, unhas xogadoras que xa saben de fútbol, entenden o fútbol, tanto tacticamente como qué facer. Tamén a labor que está facendo o coordinador, do cal xa recibín moita información. Evidentemente, ágora recen chegado, teño a cabeza como un bombo, con moita información pero, no fútbol, hai que facer o que tes que facer y cómo o tes que facer. Agardo saber sair desta situación no sentido de que as xogadoras, neste curto período de tempo, poder adaptalo eu a elas e elas a min. Creo que non vai a haber problema”.

A semana máis importante do curso
“Como non podo elixir, teño que afrontar a situación como ven. Estiven intentando recadar información de cómo xoga o Lóstrego e unha coas que teño que dicir é que son un adestrador que recado información sobre os rivais e intento, partido do modelo de xogo propio, saber a que rival me enfronto para poder facerlle mais dano aproveitando as súas feblezas e intentar impoñernos”.

“Quedei coa directiva de que coñezan o meu traballo ata final de tempada e se estamos cómodos, sentarémonos sen ningún problema”

PERE TOBARUELA, adestrador EFF Rosalía Sénior

Contrato
“Eu antes de ter algo decidido sobre Rosalía, xa que foi unha decisión bastante rápida, teño algo que decir: ‘Eu co presidente xa lle dixen, este é un proxecto que me gusta e quedamos abertos se algunha vez podemos colaborar e se eu temo dispoñibilidade, conta comigo’. Este é un preámbulo. O que quedei coa directiva é que coñezan o meu traballo ata final de tempada e se estamos cómodos, sentarémonos sen ningún problema e tranquilidade e intúo que a filosofía do Rosalía son proxectos a longo prazo, pero non quero por parte da directiva non por parte miña e creo que son franco niso”.

Obxectivo
“Primeiro de todo é recibir a información e a que recibo da directiva é que non teñen marcada ningunha prioridade nese sentido, é dicir, que temos que subir como sexa. Iso, por unha parte, está moi ben pero non quita de que se intente. Nestes partidos finais é moi importante quedar situado primeiro, segundo, terceiro ou cuarto, pero evitando a cuarta praza, porque a cuarta praza si que che leva a cruzarte cun primeiro e a segunda división é unha categoría moi dispar. Hai equipos nun rendemento altísimo e outros de menos, entón case sempre os primeiros teñen un rendemento altísimo e no playoff o equipo mellor posicionado xoga na casa. Podemos plantexalo así, meternos no playoff na mellor posición posible evitando a cuarta praza.

Aos seus 56 anos, o santiagués de adopción ten unha dilatada experiencia no fútbol feminino autonómico.

TRAXECTORIA FÚTBOL FEMININO
Vitoria FC (Primeira división Autonómica) – Primeiro adestrador.
PM Friol (Liga Reto Iberdrola) – Segundo adestrador.
Sociedade Deportiva Villestro (Primeira Nacional) – Primeiro adestrador.
Campión de duas Copas do Sar co Victoria FC.
Campión de 1ª Autonómica coa SD Villestro.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content