O Infantil arrinca a segunda fase cun gran triunfo ante a SCD Pastoriza a domicilio

Sara abriu o marcador nos instantes iniciais e todo xa foi moito máis sinxelo para as de Diego na súa debut na 2ª Fase.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía Infantil estrea a segunda fase con vitoria ante a SCD Pastoriza a domicilio (0-11). As de Diego Castro, que chegaban a esta segunda fase como o mellor cuarto dos dous grupos en liza (primeiro posto dos clasificados á “Fase Título Consolación”), saíu a por todas desde o primeiro minuto. Na primeira metade, un Rosalía moi vertical sentenciou o encontro con sete goles nos primeiros 40 minutos, mercé entre outras cousas aos sete goles anotados. Aos catro minutos chegou o primeiro das botas de Alma, Xiana Carballo anotou o segundo aos 11′. Sara aproveita un centro de Antía para superar a Aldara Pérez dous minutos despois. O cuarto chega tras un roubo á saída do balón de Antía, que ela mesma marca superando á guardameta local no man a man. O control do partido era das azuis, que aínda anotarían tres goles máis. No 27′, boa triangulación entre Candela Losada e Xiana Carballo, que remata a dianteira ao fondo da portería defendida por Aldara Pérez. Na seguinte xogada, Victoria marca o primeiro da súa conta cun bo chut desde a frontal. O sétimo chegou tras outra boa xogada de Antía que remata Victoria tras unha chegada desde a segunda liña (32′).

As infantís chegaron ao partido tras vinte días sen competición oficial.

Así se chegaría ao descanso, tralo cal repetiríase o mesmo guión que no inicio do encontro, pero con Victoria como principal protagonista. Neste caso, abriu o marcador Nair ao executar unha falta aos 57′. Pero novamente apareceu Victoria para dar unha asistencia e marcar dous goles. Aos 64′, a dianteira recupera un balón e asiste a Sara para anotar o noveno. Os dous últimos terían o selo da pequena dianteira azul, Victoria selaba o seu particular ‘póker’ no 65′ e 70′.

Check Also

O Infantil vence no último partido do ano (1-4)

As pontinas derrotan ao conxunto sanxenxeiro nun encontro no que tiveron que remontar o gol …

Skip to content