As xogadoras de Jorge Sobrino superan con solvencia ao Sporting San Mateo nun partido de claro dominio das azuis.
A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía Cadete arrincou con bo pé a súa serie de partidos de pretemporada o impoñerse por un contundente resultado ao Sporting San Mateo. Unha xornada na que as sensacións foron moi positivas, co debut de todas as incorporaciones deste verán pero na que a gran noticia foi sen dúbida a boa compenetración de todas as xogadoras.
O conxunto pontino entrou ao partido cun ritmo lento e sen demasiadas ocasións en gran parte debido ás condicións do terreo de xogo, máis lento do esperado. Non sería ata o minuto 30 cando se abriría o marcador. A encargada de estrealo sería Laura Añón, que remata unha certeira asistencia de Ester. A partir do gol, a relajación das azuis cun par de imprecisions en dous balóns en longo, provocaron a posibilidade do empate das locais pero a defensa soubo remendar vos erros e evitar vos goles.
Logo desas xogadas, o equipo empezou a xerar moito mais perigo e nun par de accions similares, despois dunhas xogadas combinadas de lado a lado, Sara Bonjoch marcaría dous goles chegando desde atrás. O partido xa tiña un domindador claro e as ocasións chegaban unha tras outra na portería das ponteareáns, acabando o partido cunha goleada das pontinas por 0-7 no primeiro partido de preparación na nova categoría creada pola Real Federación Galega de Fútbol, que serviu para a estrea anotadora de “Oswa“, unha das novas incorporacións.