Non houbo forma, tentouse de tódalas maneiras pero foi imposible. Presentouse a EFF Rosalía en Coya ca oportunidade de certificar a súa praza entre as oito primeiras de grupo que dan dereito a xogar a fase de ascenso. En caso de empatar ou gañar, matemáticamente estaban clasificadas, xa que o Balaidos na seguinte xornada descansa. Saiu o Rosalía con todo a pola victoria dende o principio dirixido nesta ocasión pola súa central Isis San Martín, pola ausencia do seu corpo técnico. As Rosalías eran conscientes que si especulaban podía compricárselle o partido así que sairon en tromba e dominaron de principio a fin ó seu rival.
O partido por momentos foi feo dada a intensidade do mesmo, pero o que non se podía negar era a tensión no campo e os ánimos tamén na grada xa que as ourensanas fixéronse notar cos alentos que lle chegaban dende as bancadas de Coia.
Na primeira parte tres ocasións clarísimas erradas por Sabela Meno, Aitana e Patricia e unha volea de Yadira que se marchou ás nubes.
A segunda parte a mesma tónica, o Balaidos apenas inquietou o área ourensá e as nosas tiveron tres ocasións clarísimas nas que dende a bancada xa se cantaba gol…
O final un empate agridoce xa que as xogadoras fixeron moitos méritos para conquerir a victoria, pero suficiente para certificar unha participación nun playoff de ascenso que a principios de tempada parecía unha tolería pensar nel.
Sodes enormes Rosalías!!!