O sábado 13 de abril entrará na historia do fútbol feminino galego e na historia do noso clube sen dúbida. Celebrouse no “noso” Monte da Aira de Velle a primeira Fase Final a Catro da Liga Galega Promesas da Real Federación Galega de Fútbol, a primeira competición de fútbol base feminino disputada en Galicia.
Para nós como clube foi toda unha honra e unha enorme responsabilidade celebrar tal evento, pero gracias a enorme colaboración dos nosos amigos de Club Deportivo Velle, todo o que teñamos que facer no Monte da Aira é un auténtico xogo de nenos. Nunca poderemos agradecer suficientemente as facilidades que se nos da por parte de este clube, de corazón mil gracias.
A primeira semifinal enfrentou os dous equipos do noso clube, máis cunha semifinal parecía unha festa. Bo ambiente, moi bo rollo e un partido que se decidiu para o “A” de Alba Rodríguez debido á maior experiencia do seu plantel, pero un partido no que o “B” de Juanma Bello demostrou a súa enorme progresión durante toda a tempada e que incordiou a portería do “A” en varias ocasións ata conquerir o premio do gol.
Turno para a segunda semifinal, que si de por si xa o Victoria era favorito, o Interrías por problemas de saúde de varias das súas xogadoras presentouse na fase final con só 7 xogadoras, algo que desluciu bastante a súa participación.
O mediodía turno para a comida conxunta no Colexio Salesianos, moi bo ambiente na comida amenizada polas cancións e xogos das nosas Rosalías que demostraban que para elas o día era unha festa en todo momento.
No terceiro e cuarto puesto, debido ós problemas do Viaxes Interrías vivimos un partido moito máis desigualado do esperado e as nosas peques do “B” quixeron despedir por todo o grande a súa participación na liga e endosando unha goleada o seu rival que as facía auparse a unha increíble e meritorísima terceira praza da competición. Unha tempada impresionante a das peques do noso clube que moito nos van a ofrecer no futuro.
Chegaba o turno para a gran final, tensión nos prolegómenos, himno galego na saida dos equipos e gradas ateigadas de público… todos os ingredientes para unha auténtica finalísima.
Pareceu sair mellor posicionado o Victoria CF e fruto de ese dominio levado dende a organización defensiva e con rápidos contragolpes, nun disparo lonxano foron quen de adiantarse no marcador e chegar ó descanso por diante pola mínima.
As nosas Rosalías apretaron os dentes no descanso e na segunda parte diron todo e máis para encerrar ó rival no seu área. Un auténtico asedio sobre a portería rival que parecía non ter fisuras… pero Candela Bouzas nunha falta directa de forte tiro cruzado e raso encontrou o premio do empate a cinco minutos do final… inda houbo tempo para unha ocasión para cada equipo, pero o final foron os fatídicos penales os que decidiron que as santiaguesas se proclamaran merecidísimas campionas galegas.
A entrega de premios unha auténtica festa, deportividade, pasillos ás campionas, moitas apertas e algunha bágoa para rematar unha competición que esperamos se amplíe a tempada que ben con máis clubes participantes xa que a única maneira que temos de mellorar a saude do fútbol feminino é dende a base.
Para rematar os catro equipos participantes compartiron doce mesa e mantel nun terceiro tempo moi goloso organizado polo noso clube para premiar a todas as xogadoras alí presentes como se merecían.
Gracias a todas as xogadoras pola maravillosa xornada que nos fixestedes pasar, gracias a Club Deportivo Velle pola súa enorme colaboración, gracias ós pais das nosas Rosalías por sempre estar cando se lles pide axuda e graciñas a todos os patrocinadores e colaboradores que participaron nesta auténtica festa do fútbol.