Anibal Pereira, responsable de deportes do Concello, entregou os premios aos mais de 50 participantes.
A cancha de deportes anexa ao Centro cívico da Ponte acolleu onte o II maratón mixto de futbito Festas dá Ponte, organizado pola Escola de Fútbol feminina Rosalía e coa axuda do Concello de Ourense. Máis de 50 participantes reuníronse durante toda a xornada para gozar deste deporte tan popular no noso barrio. O responsable de deportes do Concello Anibal Pereira foi o encargado de entregar os premios aos todos os participantes.
O torneo, que arrincou ás 9.30 horas, terminou 12 horas despois coa tradicional festa da escuma para goce de todos os presentes. En canto á parte deportiva, seis foron os equipos participantes, con máis de 50 integrantes en total. Cinco xornadas de todos contra todos decidiron os enfrontamentos finais, aos que chegaron Kiev Vigo, Karlaska, Dirdam e Futbros. Os vigueses impuxéronse a Futbros e Dirdam a Karlaska, terminando vitorioso Kiev Vigo na final do torneo.
Cadro de honra
Primeiro clasificado …………………….. Kiev Vigo
Segundo clasificado ……………………. Dirdam
Terceiro clasificado ……………………… Futbros
Premio ‘Xosé M. Fdez. Sobrino’ ……… Arosa (Kiev Vigo)
Este torneo conta coa colaboración de Cafés As Antillas-Campos, Ociosaugal, De Fruta Madre, Centro Comercial Ponte Vella, O Fillo do Cándido, Cafetería Mali e Jose de @fotosport_ou (instagram); así como o apoio da área de Cultura do Concello de Ourense. Totalmente gratuíto e con premios para todos os participantes, naceu coa idea de fomentar o deporte entre os máis pequenos e recuperar dentro do programa das festas, o tradicional maratón de futbito, pero en idades comprendidas entre os 7 e 12 anos.