Éxito do III Campus de fútbol feminino

Formadores, directiva, dirección deportiva e autoridades locais clausuraron esta terceira edición.

Grazas á colabración co Concello de San Cibrao das Viñas e Ociosaugal, 50 nenas gozaron esta semana do campus de fútbol feminino da Escola de Fútbol Feminino Rosalía na localidade de Soutopenedo cubrindo todas as plazas dispoñibles.

Ociosaugal, como empresa organizadora centrou a primeira xornada de traballo de conceptos destinamos á parte ofensiva, dándolle importancia á conservación de balón, a progresión no xogo e a finalizacion das xogadas. O segundo día o traballo trasladouse á parte defensiva mediante a mellora nas orientacións, interceptacións, recuperacións e marcaxes, sempre desde a diversión sen caer no aburrimento.

O ecuador do campus foi o día de lecer, cunha xornada na praia, desprazándose a Vigo todas as xogadoras que así o desexaron.

Xoves e venres foron para a realización da Ociosaugal League formato similar á recoñecida Kings League e unha ‘yincana’ de precisión onde as xogadoras puideron demostrar as súas habilidades de golpeo.

Ociosaugal foi a empresa encargada de coordinar o Campus.

No aparado de ‘sorpresas’, o noso campus recibiu a visita de Patri Rúa, xogadora do Real Avilés e o martes puidemos gozar da charla e a guía dun adestramento por parte de Zalema González, colexiada internacional ourensá de Primeira División Feminina.

A clausura, onde se lles entregou un recordatorio en forma de foto grupal e leváronse o balón co que adestraron pola semana, contou coa presenza do coordinador de deportes do Concello de San Cibrao, Juan Otero, o noso presidente Mario Gómez, o vicepresidente ‘Yuse‘ Vázquez e o Director Deportivo, Alberto Tamayo, ademais da sorpresa das xogadoras do equipo senior, Aldarita e Zaira. Destacar a visita da alcaldesa, Doña Marta Nóvoa Iglesias, que tamén quixo achegarse ata as instalacións deportivas de O Corgo para ver ‘insitu’ a todas as xogadoras e o traballo realizado.

Millene recibiu un detalle por parte das xogadoras do equipo senior.

Check Also

Un ano mais colaboramos con Operación Quilo

A campaña alcanza os 37 anos de actividade e pódese doar roupa, xoguetes e comida …

Skip to content