Previa das nosas senior, visítanos o Juvenil de Ponteareas

Comeza a segunda volta da competición e enfrontámonos á SD Juvenil de Ponteareas. Único empate da primeira volta no primeiro partido oficial da nosa curta historia. 

Na primeira volta encontrámonos un rival moi directo que foi quen de adiantarse no marcador e logo de empatar nós cun gol de córner de Andrea, nós levamos o peso e merecemos máis inda que non fomos quen de vencer. 

Esperamos facer un bo partido nun partido marcado pola visita do xoves de Vero Boquete e cun ambiente prefestivo de Nadal, no Monte da Aira o equipo sempre mostra unha boa versión e esperamos comezar a primeira volta cas mellores sensacións posibles. 

Continuamos cas baixas por lesión de Sara, Alba e Andrea. 

domingo 23 ás 12:00 no Monte da Aira

Check Also

Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de …

Skip to content