Visitounos Vero Boquete

Día moi especial para a nosa escola onte. Quizáis un dos días máis especiales que levamos vivido dende a nosa fundación. 

Nós xa somos conscientes e así facémosllo saber as nosas xogadoras día a día, que a humildade é un dos valores máis importantes que un deportista debe de ter, a xornada vivida onte con Vero Boquete é unha demostración viva de que esa humildade fai grande a un deportista.

Vero desprazouse dende Santiago no se coche e quedou ca directiva ás 13:00. Paseo pola cidade ca directiva e cerveza de aperitivo nunha céntrica cafetería… alí parouse o tempo. Impresionante demostración de paixón polo fútbol, de consellos, de discrepancias (que á postre son as que fan pensar e medrar), de distintos pareceres e explicacións por ambas partes… por pouco non chegamos á comida. 

Vero Boquete ca directiva da EFF Rosalía

Na comida máis do mesmo, seguimos falando, intercambiando experiencias, pareceres, opinións e por pouco non chegamos ó adestramento… postre e café contrarreloxo e saimos pitando para Velle. Alí esperábannos as 50 xogadoras do Rosalía e as 5 do Velle, clube co cal temos un recente convenio asinado… Vero Boquete compartiu adestramento, exercicios, vestiario e consellos cos tres equipos, atendeu a todas, firmou miles de autógrofos e acribillámola a fotografías… sempre cun sorriso, sempre cunha boa cara e sempre con bos consellos para todas as nosas xogadoras. Un día especial que nestas datas rematamos ca entrega, por parte da propia Vero, do regalo personalizado que a directiva ofreceu a cada un dos membros do clube. 

Vero ó inicio do adestramento

Graciñas Vero, polo teu fútbol, pola túa personalidade, pola tua humildade, polos tus consellos, por facernos pensar, graciñas e moita sorte no teu próximo reto…

Agasallo de Vero Boquete á EFF Rosalía
Foto de grupo do adestramento

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content