Previa Sp San Mateo vs EFF Rosalía- 3ª xornada 2ª Autonómica

Un novo desprazamento para o noso equipo senior e voltamos á vila de Ponteareas, nesta ocasión visitamos o campo do Cruceiro, único da categoría que non é artificial e que atópase en boas condicións xa que as choivas inda non fixeron acto de presencia.

A nosa plantilla probáblemente terá algunha novidade xa que nesta semana incorporouse Cae Vizcaya os adestramentos, unha xogadora con pasado na Unión Deportiva Ourense que volta a nosa cidade por temas de estudios.

Ademáis estamos pendentes de que a Federación nos admita a licencia de Patricia despois de por fin xuntar toda a documentación e de que nos admitan tamén a tramitación de Rocío, unha das nosas porteiras que este venres cumpre os 12 anos necesarios para participar na competición.

Con todo esto Alonso esta semana tería a sua disposición 18 xogadoras para facer a convocatoria e tan só quedarían por causas de idade tramitar as licencias de “Aldara Maceda” e Marlen.

Con respecto o partido enfrontarémonos a un duro e experimentado rival que ven de vender cara a sua derrota fronte o Pereiró, máximo favorito xunto co Tomiño para gañar a liga e na primeira xornada venceu no Cruceiro o Atlántida Matamá “B”.

Esperamos poder dar moita guerra e tratar de sumar puntos que nos fagan gañar en confianza para seguir medrando como equipo.

Check Also

Cuarta vitoria consecutiva (2-0)

A EFF Rosalía venceu ao Touro e mantén a súa serie de triunfos grazas aos …

Ir o contido