Na tarde do xoves, aprobeitando que o clube tiña que grabar unha serie de tomas co noso directivo “Yuse” para un importantísimo anuncio que desvelaremos en breve, as promesas “A” cambiaron o sintético de Salesianos polo do Monte da Aira de Velle e aprobeitaron para facer un adestramento conxunto que fixo a delicia das máis pequenas.
Lonxe de se arrugar, as peques demostraron o seu descaro e calidade en todas e cada unha das tarefas que Alonso e Bolaño lle plantexaron deixando mostras de que o Rosalía ten futuro.
A anécdota da tarde foi ver sobre o verde de Velle no mesmo adestramento a Alba Rodriguez, adestradora do promesas “A” e xogadora do noso senior, compartindo e incluso competindo cas suas xoves pupilas.
Unha tarde e un adestramento diferente que nun futuro temos que repetir, pero esta vez cas nosas promesas “B”.