Primeiro partido do ano en “casa”

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía recibe ao Cañiza para disputar a decimoprimeira xornada de Liga (12:00 h; Domingo).

Mañá o Campo de Vista Hermosa de Paderne de Allariz dará a benvida a 2022. A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía enfrontarase ao Cañiza na última xornada da primeira volta da Liga (12:00 h; Domingo), no que será o primeiro partido do ano ante a súa afección. O obxectivo do equipo é gañar para manterse na loita por lle primeiro posto ou incrementar a distancia co San Mateo e conseguir un colchón de puntos fronte ao quinto clasificado, seguiendo entre os catro postos que dan opción de xogar os playoffs de ascenso empezando o ano con bo sabor de boca.

Tralo partido suspendido da semana pasada ante o Porriño, o conxunto dirixido por Miguel Saa está centrado no seu próximo rival e quere repetir os resultados dos seus partidos como local, nos que as pontinas permanecen invictas. Como case sempre, destacan as figuras de Noui e Ana, ambas levan marcados 5 goles nos 4 partidos disputados en Oira (o campo local das azuis).

“Acumular moitos días desde ou último partido oficial sempre é un hándicap”, dixo Saa na roda de prensa previa a un encontro no que a gran novidade é o estreo de Sofía Pérez na convocatoria. A xogadora do Cadete únese deste xeito ás súas compañeiras Laura Añón, Candela Bouzas, Ester e Matilde estreándose nunha convocatoria co primeiro equipo. Pola contra, serán baixa con respecto ao último partido, Aida e Paqui. As 16 xogadoras convocadas para mañá son:

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Rocío.
Defensas: Bea, Sequeiros, Sabela, Noa Domínguez, Sofía e Laura Añón.
Centrocampistas: Noa Fírvida, Aldarita, Ainara, Patricia, Lidia e María.
Dianteiras: Ana, Noui e Zaira.

Cañiza
A nove puntos dos postos de playoffs e na sétima posición. Así se atopan as de Juan Diego Pérez antes de dar comezo a xornada. O Cañiza é o único equipo que conseguiu puntos fronte ao líder Mos ‘B’. No seu último encontro do campionato gañou a domiclio fronte ao Gondomar. O perigo do rival pontino pasa polas botas de Emma (5) e Laura Alonso (2), as súas máximas goleadoras e xogadoras con moita experiencia en categorías superiores á 2ª División Auntonómica Feminina.

O partido estará dirixido polo colexiado Cristian Rodríguez Pires do Colexio Técnico de Árbitros de Ourense.

Check Also

Cuarta vitoria consecutiva (2-0)

A EFF Rosalía venceu ao Touro e mantén a súa serie de triunfos grazas aos …

Ir o contido