Saa: “Gañar sempre está ben, pero o importante é como facelo”

“Os 45 primeiros minutos foron unha mostra de como debemos facelo”, indicou.

Miguel Saa compareceu na sala de prensa do Campo de VistaHermosa e analizou a vitoria da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía fronte ao Cañiza: “Gañar sempre está ben, pero o importante é como facelo e os 45 primeiros minutos foron unha mostra de como debemos facelo, conseguimos facer transicións rápidas e dominamos o partido en todo momento”.

“Fixemos un partido moi serio no primeiro tempo, onde xogamos realmente ben, cumprindo co ensaiado durante a semana. A segunda. metade foi algo máis apática dado o abultado do marcador e onde sen realizar un gran xogo conseguimos tres goles máis”.

Saa quedou moi satisfeito co xogo do equipo na primeira metade.

Eloxios a Ana
“Que Ana pode facer goles non é unha novidade. De feito, leva uns partidos moi atinada de face a porta e estamos seguros que, en canto asuma mellor as correcciones e vexa que son para que mellore, aínda vai ser máis importante. De feito, hoxe non só son os goles, senón o bo traballo defensivo e a vontade de asistir ás súas compañeiras en varias ocasións”.

Baixas en ambos equipos
“Ben é certo que elas puideron botar máis en falta ás xogadoras que non estaban que nós ás nosas. Ao final foi un partido sen Laura Alonso e Emma, pero tamén sen Fara, Aida, Yadira, Isis…”.

Defensa
“Hoxe creo que defendemos bastante ben. As centrais estiveron moi correctas xestionando ben as accións illadas que elas nos provocaron, mentres que na parte ofensiva incorporaron moi ben desde última liña”.

Partido adiado
“Realmente esa é unha das nosas preocupacións, saber unha data para que se dispute ese partido, tanto para tratar de organizar adestramentos como para poder disipar as dúbidas de que sucederá cos partidos adiados esta tempada”.

Sofía Pérez
“Sofía está facendo moi boa tempada no cadete e, sen dúbida, iso débese premiar. Hoxe xogou moi ben os 40 minutos que disputou e estamos moi contentos con ela. Ao final, desde o primeiro equipo temos que ver para abaixo e ver que nenas merécense estas oportunidades”.

Juan Diego Castro pide expilcacións durante un lance do partido

Juan Diego Castro atendeu aos medios do club ao término do encontro: “O Rosalía como sempre, xogando o balón e tocando. Nós contra elas non podemos competir na mesmas situacións e soamente quédame aplaudirlles polo seu xeito de xogar”.

Obxectivo
“Competir de tal xeito que cada partido que disputemos sírvanos para mellorar cara o futuro”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content