Racing Vilariño-EFF Rosalía: A pola quinta victoria consecutiva

As “Rosalías” non coñecen a derrota a domicilio esta tempada (19:45h; San Pedro).

A EFF Rosalía viaxa a Nigrán (19:45h; domingo; Municipal de San Pedro) no encontró da oitava xornada do Grupo IV da Segunda División Autonómica Feminina. As de Canal enfróntanse a un clube cun equipo case renovada ao completo con respecto ao que se enfrentou a tempada pasada as nosas.

Unha vez máis no que vai de tempada a dupla Canal-Juanma encara o partido con baixas no eixo central da defensa, Isis segue coa baixa médica e Cae Vizcaya pór motivos laborais, Andrea xa adestra co grupo e Feijóo recibiu o alta médica pero non ten a competitiva, mentres que na medular Alba volve estar dispoñible para Canal.

As nosas senior tratarán de seguir sumando a domicilio e prolongar a racha en Liga, onde acumulan catro xornadas consecutivas sen perder. Tras duas victorias contundentes ante Ponte Caldelas e Mosteiro e dende a tercer praza con 16 puntos, a EFF Rosalía afronta mañá domingo unha nova oportunidade para seguir nos postos altos da táboa.

O Racing Vilariño por outra banda xogara na casa cun equipo mezcla de xuventude e veteranía que seguro traerá un bo encontró para o público que se desprace ata o San Pedro de Vilariño.

Precedentes
Esta será a terceira ocasión que a EFF Rosalía e Racing de Vilariño se enfrenten cun balance de unha victoria por 5-0 do Vilariño e un empate a 1 a pasada tempada no Monte da Aira.

Convocatoria
Iván Canal fai unha convocatoria de 16 xogadoras:
Porteira: Rocio.
Defensas: Noa Domínguez, Andrea e Aldara Sequeiros.
Centrocampistas: Aldarita, Alba, Saray, Lucía, Noa Fírvida, Ainara, Sabela, Yadira e Marta.
Dianteiras: Silvia, Noui e Zaira

Resto da xornada
No resto da xornada destacaríamos dous partidos por riba dos demáis, os que enfrentan entre si aos clasificados entre o 5º e 8º posto e cunha franxa de dous puntos entre todos eles. Umia “B” e Gondomar FB na Bouza e Puentearnelas-Noalla nas Chans. Pola parte baixa, Mosteiro ten un rival compricado mentres que Juventud de Cambados e Marín disputaran un duelo máis disputado.
Os horarios serán todos en xornada de domingo:
16:00h SD Puentearnelas – SD Noalla
17:00h Juv. Cambados – Marin CF
17:00h CD Bueu – SD Chispa
17:00h Umia CF “B” – Gondomar FB
17:00h CD Mosteiro – EDVM Pereiró
19:00h SCD Ponte Caldelas – Sp.C. San Mateo
19:45h Racing de Vilariño – EFF Rosalía
Descansa Balaidos CF

Check Also

Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de …

Skip to content