O partido o imos a xogar coma sempre

“Este partido imos a plantéalo como o facemos sempre, presionando arriba, xogando ao fútbol, porque queremos xogar ao fútbol e imos a ir polos tres puntos, a ver se se poden conseguir”, afirmou o técnico.

Iván Canal compareceu en sala de prensa unha vez rematado o derradeiro adestramento previo ao partido fronte o Racing de Vilariño (domingo, 19:45, San Pedro):  “O partido o imos a xogar coma sempre. As rapazas, dende o inicio da tempada, sempre as vin fortes, están animadas, adestran ben e eu estou contentísimo con elas”.

“A plantilla é un equipo que vai a ir a por todas. Non sei en que posición chegaremos ao final da tempada, é un equipo moi xoven pero que imos a dar guerra e competir todos os partidos”.

“Eu pensó que será un partido complicado porque xogamos na sua casa, é un equipo que non marca moitos goles pero tampouco os recibe. Xogou contra rivais máis ou menos asequibles excepto contra o Umia pero non nos podemos fiar porque o ano pasado fixo unha boa campaña, este ano ao mellor a sorte non está de seu lado pero non nos podemos fiar pola clasificación”.

Liña defensiva
“Non estamos tendo moita sorte este ano na liña defensiva porque senon é por unha cousa é por outra e as rapazas están caendo, unh acon problemas de nocello, outra cun problema nun ollo e así cada semana. Non estamos sorte e a ver se as rapazas van mellorando a sua saúde e pouco a pouco están aptas para xogar e a ver se temos esa sorte dunha vez por todas”.

Baixas
Andrea tiña un problema e parece que poderá estar. Isis que a semana pasada non pudo estar tamén se cae esta por outra enfermidade, mentres Isabel ainda non está recuperada do xeonllo e Cae, novamente por traballo, será baixa. Por outra banda, Feijóo tivo hoxe a alta médica pero ainda non ten a competitiva, polo que non estará na convocatoria”.

Mellora no xogo
“É o que dixen o outro día ao reunirme con elas, non se pode xogar os 90 minutos ben. Temos fases nas que xogamos ben pero estes tres últimos partidos estamos facendo bo fútbol. Sacamos en corto todos os balóns, asociámonos, chegamos ao área rival e todo esto, ás veces, é compricado porque o outro equipo tamén xoga”.

¿Cómo afrontar os partidos?
“Nós, máis que os tres puntos, o que temos é que xogar ben os partidos. Unha vez que xogas ben é máis sinxelo gañar, entón, as rapazas están eiquí para aprender, xogar ao fútbol e divertirse. Temos que ter sempre o balón ou intentar telo, manter a posesión e o ritmo do partido nós e non adaptarnos ao rival, sempre temos que marcar nós o ritmo.
Mellorar pouco a pouco, estou contentísimo con elas e xa o dixen, dos doces anos que levo adestrando, creo que é o ano que maís contento estou”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Skip to content