Derradeira xornada da primeira fase da Liga Galega Promesas, xornada número 14 a disputada para os nosos dous conxuntos no Monte da Aira.
Cun horario pouco habitual, 10:00 pechouse a xornada 14. O promesas “A” de Alba Rodríguez venceu o Viaxes Interras por un claro resultado e certificou así o pleno de victorias en esta primeira fase con número de escándalo que fai que o noso clube sexa un claro favorito para a segunda fase. Ca baixa dunha das goleadoras, Sara Rodríguez, por un forte golpe sufrido na pasada xornada, tardou o noso equipo en comezar a carburar.
O xoves nunha reunión en Santiago dilucirase o formato da competición da segunda fase, número de concentracións, datas, sedes, etc…
No que respecta ó promesas “B” esta semana ca baixa do seu adestrador Juanma Bello, por motivos personais, enfrentouse a un dos mellores equipos do grupo, o Atlético Arousana que tivo que traballar a reo para vencer as nosas a pesar do resultado final.
As peques foron quen de adiantarse no marcador cun gol de Antía pero a pesar de ter mellores ocasións para ampliar o marcador, o Atlético Arousana remontou con dous goles antes do descanso. Na segunda parte a pesar das boas ocasións das nosas para empatar, eran as visitantes as que ampliaban a diferencia e a partir de ahí as nosas viñéronse un pouco abaixo.
As promesas “B” competirán cas 3 últimas do norte e as 4 últimas da zona sur, por unha Copa na que seguro mellorarán o seu rendimiento competitivo con respecto a esta primeira fase.