Rocholl patrocinará á EFF Rosalía

O logo do centro de beleza estará na perna dereita no pantalón do equipo.

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía e Rocholl alcanzaron un acordo de patrocinio para o próximas tres tempadas, de xullo de 2022 a xuño de 2025. Grazas a esta alianza, o centro de beleza será patrocinador principal de todos os equipos do club. Concretamente, o logo de Rocholl lucirá nos pantalóns desde o comezo desta tempada.

Ambas as entidades escenificaron o acordo sobre o céspede do Municipal de Oira coa presenza por parte pontina, tanto do presidente Mario Gómez, como do director xeral de comunicación, Yuse e da tesoreira, Yoli Diéguez, aos que se sumaron as futbolistas do equipo adestrado por Pere Tobaruela. Por parte de Rocholl Centro de Beleza, estivo presente neste acordo María José Rocholl, directora.

O presidente valorou o acordo: “Estamos moi contentos pola firma con Rocholl como un dos patrocinadores principais do noso club para as próximas tempadas. É unha empresa referente en Ourense, e demostra unha continua aposta pola innovación. Esperamos conseguir moitos éxitos deportivos con este equipo, que tantas alegrías nos segue dando aos pontinos”.

María José pousou coas capitás do equipo senior.

María J. Rocholl destacou que “Cando se nos presentou o proxecto da EFF Rosalía, no equipo de Rocholl vímolo claro. A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía representa todo o que estabamos a buscar nun proxecto deportivo como patrocinador. Un proxecto Ourensán, con xogadoras Ourensás e un proxecto deportivo honesto coas mozas. Un proxecto que traballa na formación. Un proxecto que traballa para situar a nosa provincia dentro da elite do futbol feminino desde o esforzo e a dedicación. EFF Rosalía sen dúbida representa os mellores valores do deporte.
“Desde Rocholl estamos moi agradecidos ao equipo directivo así como a todas as xogadoras, de que se nos permitiu formar parte deste ilusionante e exemplar proxecto”, añadiu.

Vídeo: Rocholl, patrocinador principal por tres anos.

Check Also

Un ano mais colaboramos con Operación Quilo

A campaña alcanza os 37 anos de actividade e pódese doar roupa, xoguetes e comida …

Skip to content