Rosalía-Victoria FC ‘C’: sexto test da pretemporada

O noso senior mídese en casa a un equipo que milita no seu mesma categoría (12:00 h, Municipal de Oira).

Non se detén a pretemporada para a Escola de Fútbol Feminina Rosalía senior, que afronta no Municipal de Oira un novo amigable. O conxunto dirixido por Tobaruela disputa o sexto test desta fase de preparación e farao contra a Vitoria FC ‘C’ (12:00 h, domingo), un equipo que militará esta tempada na 2ª división autonómica galega feminina.

O noso equipo busca continuar collendo ritmo de face ao comezo da liga, que non ten datas oficiais previstas. No últimos tres partidos da pretemporada, as azuis asinaron dous triunfos e unha derrota. As compañeiras do seu rival de mañá venceron ás nosas en Santa Isabel por 1-0 no terceiro amigable de pretemporada.

O senior leva pleno de triunfos en Oira.

Pere Tobaruela citou a 16 xogadoras para o partido de mañá. Antía, centrocampista do Cadete, xunto a Ester, serán as novidades con respecto a anteriores amigables.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Rocío.
Defensas: Matilde, Laura, Noa e Feijóo.
Centrocampistas: Aldarita, Bonjoch, Sara Rodríguez, Aroa, Antía, Candela, Ester e Cuque.
Dianteiras: Silvia Chao, Vicky e Noui.

Check Also

Triunfo do sénior en Ribeira con triplete de Noui

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía imponse a Aguiño con tres goles da ourensá, un …

Skip to content