“Empezando polo Chantada vai ser un camiño espiñento no que vai haber que demostrar o que temos demostrado ata agora”, dixo o técnico.
Vídeo: Roda de prensa completa.
Pere Tobaruela analizou na rolda de prensa celebrada na sede do club o partido da Escola de Fútbol Feminina Rosalía contra o Chantada, correspondente a cuartos de final da fase de ascenso a 1.ª División Galega Feminina Arzúa-Ulloa DOP: “É curioso que despois de tantos partidos de Liga regular, este domingo xogamos a cara e cruz seguir adiante ou non. Creo que temos comentado noutra ocasión que este ano para facer esta reestruturación da segunda era necesaria unha cousa así”.
Rival “Contra Chantada xogamos na pretempada e, evidentemente, xa recompilei información sobre a maneira de xogar, facer esa ‘espionaxe’ que se fai sempre no fútbol. Agora todos empezamos de cero, quizais nós contamos cunha vantaxe ao noso favor, falo pola nosa propia experiencia do playoff vivido o ano pasado, a diferenza este ano é que este primeiro partido o xogamos na casa, o ano pasado tivemos que ir fora. Iso é o único que se pode considerar vantaxe porque seremos once contra once nun partido a vida ou norte e quen gañe pasa e aquí non vale que Chantada fixera máis ou menos puntos na fase regular ou que nós fixéramos mais ou menos puntos. Hai que competir e creo que neste playoff de ascenso non vai haber rival doado”.
Eliminatoria a partido único “Agora non hai marxe de error. Eu teño comentado durante a tempada que a vitoria non hai que merecela, hai que conseguila e agora aínda mais. Nós estamos preparadas, estamos listas e o único que quizais nos falta é dar un paso psicolóxico cara diante, non crer que podes facelo ben, senón loitar con forza por facelo ben”.
Vantaxe de campo “A fotografía de Oira é moi positiva. Todo vitorias, falo en competición oficial, e un empate e un par de goles en contra. Iso di que estamos adaptadas ao campo e que nos sentimos seguras no campo, pero volvo dicir que este domingo empezamos todas de cero e hai que volver a demostrar que Oira é un campo que nos favorece”.
“Van ser partidos nos que van pesar os erros”
PERE TOBARUELA, adestrador EFF Rosalía senior
Claves en playoff “Neste tipo de partidos a preparación anual, chegas a este punto cunha preparación determinada, agora xa non podes pretender meter máis información na cabeza das xogadoras, tes que consolidar o que tes e sobre todo tratalas cun mimo. Non se trata de que a partir de agora sexa todo delicado e non podas facer correccións, ao contrario, trátase de ser consciente de que están nun estado de nervios determinado e hai que saber axudar a ese chamado estrés que sexa positivo, non que sexa negativo. A presión do partido reconvertela e axudar para que saiban canalizar o estrés para competir mellor. Van ser partidos nos que van pesar os erros e aquí remítome a un partido que pode ser moi similar aos que nos imos topar agora no playoff de ascenso, o partido que tivemos contra o Arenteiro. Un partido que controlamos bastante tempo e se perdemos, dicir que perdemos, como se di no baloncesto, por erros non forzados, erros nosos e sen ningunha pretensión xa que o Arenteiro fixo ben os deberes. Saber non equivocarse e ter poucos erros”.
Valoración cadro de eliminatorias “A mente dun adestrador sempre ten que ir mais alá do domingo, no sentido da planificación e remítome as palabras que acabo de dicir antes, empezando polo Chantada vai ser un camiño espiñento no que vai haber que demostrar o que temos demostrado ata agora, que somos un equipo correoso, que sabe xogar ao fútbol, pero temos que sumar ese plus que estou demandando e demando, que é dar ese paso adiante a nivel psicolóxico de convencemento e loita no campo aínda mais”.
A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …
Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional
Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.