As pontinas regresan á competición tras o parón da semana pasada e buscan unha nova vitoria en casa para seguir firmes na zona alta.
A Escola de Fútbol Feminino Rosalía volve mañá domingo á competición cun novo compromiso no campo municipal de Oira. As pontinas recibirán ao Calo ás 12.30 horas nun partido importante para manter o seu gran dinámica e seguir pelexando pola cabeza da Primeira División Galega Arzúa-Ulloa DOP. O conxunto ourensán afronta a cita como segundo clasificado, con 49 puntos, 52 goles a favor e só 17 en contra, ademais de manterse invicto como local, con 8 vitorias e 2 empates en 10 partidos en casa. No seu último encontro ligueiro, antes do parón, logrou un triunfo por 0-1 fronte ao Sporting Cambre.
“Volvemos con moito ganas despois do parón. O equipo traballou ben estas dúas semanas e sabemos que en casa temos que saír con intensidade, ritmo e personalidade”, sinalou Alberto Tamayo na previa do encontro.
“Queremos facer un partido serio desde o inicio”, Alberto Tamayo.
O precedente da primeira volta reforza a confianza do cadro pontino. Na xornada 7, o conxunto de Tamayo impúxose por 0-6 ao Calo en Rebordelo, con goles de Sabela, Aldarita, Antía, Bouzas, Añón e Ainhoa. Ademais, o equipo conta con varias futbolistas destacadas na táboa de goleadoras: Noui suma 11 tantos e Sampi e Bouzas levan 7 formando o podium de goleadoras ‘azuis’.
CONVOCATORIA

SR Calo
O rival chegará a Oira na novena posición, con 25 puntos, 33 goles a favor e 48 en contra. O conxunto visitante viña dun refacho complicado, pero recuperou sensacións na última xornada cunha vitoria por 6-1 ante o Sporting Burgo. En ataque, as súas principais referencias son Lougzili, autora de 10 goles, Nerea Coello, con 7, Noa Ferro, con 5, e Aurora, con 4.




E.F.F. Rosalia Escola de Fútbol Feminino