Noui abriu o partido na primeira metade e Aldarita pechouno tras o descanso para manter ás pontinas na segunda praza.
A Escola de Fútbol Feminino Rosalía regresou á competición tras o parón da semana pasada cun triunfo serio e traballado no Municipal de Oira. O conxunto dirixido por Alberto Tamayo superou por 2-0 ao Calo na xornada 22 grazas aos tantos de Noui no minuto 30′ e Aldirata no 60′, un resultado que permite ás pontinas seguir firmes na segunda posición con 52 puntos.
O noso equipo saíu coa intención de dominar desde o inicio, aínda que a boa formulación defensiva dos seus rivais dificultou atopar espazos e obrigou a madurar o partido. De feito, o primeiro aviso foi visitante, cun disparo afastado de Nerea que Karla tivo que blocar en dous tempos. O equipo local manexaba a posesión, pero sufría cando o rival buscaba atacar con envíos longos ás costas. Aí chegou un dos momentos tácticos do encontro. Tamayo corrixiu a formulación inicial e permutó as posicións de Bouzas e Aldarita para dar máis consistencia á liña defensiva e controlar mellor ese tipo de accións. A partir de aí, Rosalía foi crecendo, asentándose en campo rival e logrando que o partido xogase cada vez máis cerca da área do Calo.
O premio chegou a media hora de xogo. Tras unha recuperación en presión alta de Miriam, o balón chegou a Noui na frontal. A atacante virouse e conectou un chute potente que superou por alto a María Belén para asinar o 1-0. O tanto reforzou a un Rosalía que xa empezara a inclinar o xogo ao seu favor e que antes do descanso aínda tivo fases de control, aínda que o Calo seguiu mostrándose perigoso cada vez que atopaba espazos para correr. Sampi obrigou a María Belén a unha gran estirada cun disparo afastado. No posterior córner, remata Añón de cabeza e, tras varios rexeites na área, o esférico termina no fondo da rede, pero o colexiado non concede gol por falta á gardameta rival.
Tras o paso por vestiarios, as pontinas deron un paso adiante para pechar o encontro. Aldarita avisou moi pronto cun remate de cabeza ao traveseiro tras un córner botado por Antía, e as ‘azuis’ mantiveron a iniciativa con chegadas de Losada e Aline. O segundo gol acabou chegando noutra acción a balón parado. Á hora de xogo, Zaira executou o córner e Aldarita apareceu de cabeza no primeiro pao para enviar o balón ao fondo da rede e establecer o 2-0 definitivo.
Máis ocasións
Co partido xa encarrilado, o conjunto de Tamayo seguiu buscando a portería rival. No tramo final outra transición ben conducida por Noui acabou cun disparo de Añón ao traveseiro. Tamén houbo tempo para que Karla respondese con seguridade a un intento afastado do Calo xusto despois do 2-0.
“Vou contento polo traballo colectivo, pola portería a cero e pola seriedade coa que o equipo afrontou o partido”, Alberto Tamayo.
“Sabiamos que despois do parón era importante volver competir ben e entrar rápido en partido. Custounos ao principio porque o Calo defendeu moi ben e xerounos perigo con balóns longos, pero o equipo soubo adaptarse.”, indico o noso técnico á web ao termo do encontro.




E.F.F. Rosalia Escola de Fútbol Feminino