Rosalía-Umia: Despedir a primeira fase con bo sabor de boca

O noso Cadete afronta a 18ª xornada da Liga Galega Cadete e intentará sumar o seu cuarto triunfo consecutivo no último partido da 1ª fase (18:00h, Municipal de Oira)

Continua a competición e a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía Cadete afronta o último partido que queda para concluír a primeira fase. As de Tamayo estréanse no Municipal de Oira para medirse ao Umia CF na 18ª xornada (18:00h). O obxectivo do noso equipo é sumar en casa a novena vitoria deste curso e encadenar a cuarta.

Con moita confianza afrontan este encontro as pontinas logo de vencer ao San Mateo o pasado fin de semana. Nerea, que viu porta fronte ao equipo ponteareán e é a máxima goleadora, terá que volver estar fina de cara ao gol para colleitar un novo triunfo ante un rival co cal perderon (1-0) na primeira volta.

Candela Sanmiguel e Zaira do Infantil serán as novidades dunha convocatoria de 16 xogadoras que citou o técnico para o partido desta tarde.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Valeira.
Defensas: Lucía Pérez, Matilde, Aroa, Silvia, Noa Domínguez, Sara Bonjoch
Centrocampistas: Sara Rodríguez, Lucía Caride, Nieto, Lidia e Aldarita.
Dianteiras: Claudia, Nerea, Zaira e Candela Sanmiguel.

Zaira entra por primeira vez nunha convocatoria do equipo cadete.

Umia
O rival do conxunto dirixido ata final de tempada por Tamayo marcha un posto por detrás (7º) cun balance de 8 vitorias, 2 empates e 7 defensas. As ‘viquingo’, que puntuaron en 3 dos seus últimos 5 compromisos, quererán os tres puntos e non o poñerá fácil no noso campo. Duro trámite para o Cadete antes de afrontar a segunda fase de competición.

O partido dará comezo ás 18:00 horas co beneplácito do colexiado Yago Domínguez Piñeiro do Comité Técnico de Árbitros de Ourense.

Check Also

O Azul dobrega ao Amarelo no derbi da Liga Cadete

Nun derbi vibrante, con gran ambiente nas bancadas, os goles de Xiana serviron para levarse …

Skip to content