Continuar en progresión ascendente

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía Infantil visita Santiago na xornada 3 da segunda fase.

Co firme propósito de seguir no liderato e respondendo con bos números positivos. Así afronta a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía o encontro de mañá ante o Colexio Obradoiro. Chega a cita en bo momento, xa que as De Diego Castro empezaron do mellor xeito a Fase título-consolación.

O ‘mister’ ourensano poderá contar con Irene, Blanca e Noa Sanz, ausentes en pasadas convocatorias. As azuis encaran o encontro cun balance moi positivo tralas últimas vitorias (6-0) ante a SCD Milagrosa e SCD Pastoriza (0-11).

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Aldara.
Defensas: Aline, Candela Currás, Ainara, Noa Sanz, Miriam e Aitana.
Centrocampistas: Nair, Sara, Xiana Carballo, Alma e Blanca.
Dianteiras: Irene, Antía, Victoria e Candela Losada.

Noa é unha das xogadoras que voltan á convocatoria.

Pola súa banda, Obradoiro chega a este duelo sendo 5º na táboa de clasificación e encadena unha vitoria e unha derrota nos dous partidos da 2ª Fase. Sen dúbida, non llo poñerán nada fácil ás pontinas, posto que xogan en casa e estarían necesitadas de puntos para escalar postos na táboa.

O choque, correspondente á terceira xornada da 2ª fase, será dirixido polo colegiado Maikol Andrés Cabana do comité técnico satiagués a partir das 16:00 horas no campo de San Pedro de Visma 1.

Check Also

Gran triunfo do Infantil no Municipal de Oira

O noso equipo gañou no Municipal de Oira cos goles de Cayetana, María, Mihret, Nicole …

Skip to content