O Cadete azul mídese en O Seixo a un equipo que se mantén invicto na Liga Galega Cadete (16:00 h, sábado).
Compromiso moi complicado na décima xornada de Liga para a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía Cadete, que recibe ao Victoria CF (16:00 h, O Seixo-Arrabaldo). O conxunto dirixido por Sobrino enfróntase a un rival que lidera a clasificación logo de asinar 25 puntos de 27 posibles na primeira volta. O ‘filial’ azul intentará manter inexpugnable O Seixo, no que suma dous triunfos e dúas derrotas.
O noso equipo ten por diante un esixente partido fronte ao mellor equipo da categoría. Con todo, as pontinas asinaron boas actuacións en casa e mañá buscarán encadenar o seu terceiro encontro en casa gañando. Para iso, o Cadete deberá ter a mesma actitude que no partido disputado en Coruña, onde sacaron un punto, converténdose no único equipo que fixo perder puntos ao líder no que levamos de competición.
O técnico atendeu aos medios do club antes do último adestramento, destacando que “o equipo esta en unha dinámica de bo xogo e adestrando ben, con ganas de demostrar do que somos capaces. Aínda que os resultados non nos acopañen tanto como nos gustaría nos últimos partidos”.
Partido complicado
“A maioría dos partidos son complicados, pero á vista está a tempada que está facendo o Victoria e quizais o de mañá teña un plus de dificultade con respecto ao resto”.
Empate na primeira volta
“Temos que tomalo coa motivación de que xa lle puidemos rascar puntos, polo tanto, saír a competir o mellor que podamos e por que non, volver puntuar contra elas”.
Base do equipo infantís
“Ao final a diferenza de idade si que pode ser un hándicap á hora de competir, pero prefiro pensar a longo prazo coas miñas xogadoras e este ano si que vai servir como gran aprendizaxe para os anos venideiros”.
Victoria CF
O equipo coruñés está callando unha brillante tempada, cun balance de oito vitorias e un empate. Gran parte destes resultados débense tanto ao labor defensivo (tres goles encaixados) como á ofensiva, onde promedian máis de tres tantos por partido. Difícil empresa para as de Sobrino, que intentarán lograr a terceira vitoria do curso en casa.