Complicada visita dunha Rosalía Infantil ao alza para medirse ao Lóstrego CF en Chaín mañá a partir das 10:30 horas.
Logo de dous empates consecutivos en casa fronte a Atlético Arousana (0-0) e a domiclio ante Umia (1-1), agora toca dar continuidade ao bo xogo nun duelo sempre complicado en Chaín ante o Lóstrego (10:30 horas; sábado). Complicado, pero non imposible. Porque as azuis xa foron capaces de dar ao cadro azul mariño no encontro da primeira volta no Seixo (1-3) tras unha brillantísima segunda metade. Ademais, unha vez analizado o partido da primeira volta, o Infantil foi capaz de dominar ao seu rival. Iso si, as vitorias resístense debido á falta de acerto cara portería. Algo que seguro Diego Castro intentou mellorar nos adestramentos semanais.
No plano deportivo, o técnico do Infantil, sinala que “O equipo chega con ganas de revancha despois do 1-3 da primeira volta, onde por primeira vez vímonos inferiores ao rival. Lóstrego conta nas súas filas cunha central estupenda, que nos freou no primeiro partido”. As 16 elexidas para viaxar a Gondomar son:
CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Aldara.
Defensas: Aitana, Noa Sanz, Miriam, Ainara, Candela Currás e Aline.
Centrocampistas: Xiana Carballo, Sara, Nair, Lucía Torres e Alma.
Dianteiras: Candela Losada, Victoria, Irene e Antía.
Lóstrego CF
O rival ocupa actualmente o segundo posto desta Liga Galega Infantil con 16 puntos, chega á cita tras vencer ante o Atlético Arousana (1-8). Iso si, na súa última comparecencia no seu propio terreo de xogo, caeu derrotado fronte ao líder Mos por 1-5.
O encontro será dirixido pola árbitra do comité vigués Paula Balboa Costas.