Saa: “Creo que se nos pode volver facer longo o partido, como a semana pasada”

“O equipo vén doutra semana na que só realizamos un adestramento”, engadiu.

Miguel Saa compareceu en rolda de prensa telemática ante os medios de comunicación na previa da partida fronte ao San Mateo, que se xogará no Municipal de Oira (12:00 horas; Domingo). O técnico, antes de contestar as preguntas, dixo: “Quero agradecer o excelente trato recibido a semana pasada en Paderne por parte de todos os implicados, Concello e club, onde xa non é a primeira vez que imos adestrar”. Posteriormente, analizou o estado do plantel: “O equipo vén doutra semana na que só realizamos un adestramento e creo que se nos pode volver facer longo o partido, como a semana pasada, que pese ao resultado faltáronnos forzas para completar 90 minutos de traballo como debería ser”.

“Queda moita Liga. Eu creo que o equipo que crea que o ten xa conseguido está equivocado, nós ata que os número dígano non nos imos a considerar clasificadas para os playoffs”.

Voltar a Oira
“Empezamos a segunda volta en casa e, suponse, que é un campo ao que estamos máis habituadas e deberiamos sacar algunha vantaxe diso. Non obstante o fútbol é fútbol e todo pode pasar”.

Liña defensiva
“Todas están capacitadas para xogar, pero non só en defensa. Adoitamos tratar de premiar o traballo semanal e ver que xogadora gañouse o dereito para saír no once inicial. Non pensamos en ter que repetir liña, nin buscar un once tipo. Todas teñen que verse titulares e loitar por iso cada semana en cada adestramento”.

¿Qué pode decidir o partido?
“A concentración. Xa na ida foi un partido marcado por pequenos detalles que fixeron definir a balanza para un ou outro lado. Elas son un equipo que se nota que está ben traballado e que teñen un moi bo trato de balón”

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content