Saa: “Acumular moitos días desde o último partido oficial sempre é un hándicap”

“Esta semana adestrouse mellor”, dixo o técnico.

Miguel Saa compareceu en roda de prensa telemática ante os medios de comunicación antes do último adestramento previo ao encontro contra o Cañiza no Campo de Fútbol de Vista Hermosa de Paderne de Allariz, correspondente á xornada 11ª de Liga (12:00 horas, domingo): “Está claro que é xogar nun lugar que non coñecemos tanto, pero é como xogar fóra de casa, tampouco estás adaptada. O que si hai que agradecer é que tanto Concello como club de Paderne cedésennos as súas instalacións para poder disputar o encontro”.

“A verdade é que debido ao parón de Nadal, unido ao partido aprazado da semana pasada, é acumular moitos días desde o último partido oficial e iso sempre é un hándicap”.

Cañiza
“É un equipo que ten xogadoras doutra categoría e que poden definir calquera partido. Sen dúbida vai ser un partido disputado onde o equipo que queira gañar vai ter que traballar muchísimo. Estando todas as súas xogadoras en todos os partidos está chamado a competir por estar entre os 4 primeiros postos da clasificación. foi o único equipo que lle sacou puntos ao Mos B, o cal mostra o seu potencial”.

Baixas
“De feito esta semana temos máis baixas que as que tiñamos a semana pasada, aínda que si é certo que houbo máis afluencia aos entrenos que antes do partido que debiamos xogar fronte a Porriño”.

Equipo
“Esta semana adestrouse mellor e o mércores xogamos un pequeno partido contra un equipo cadete masculino e, realmente, cara a tempo que non viamos ao equipo a ese nivel de intensidade e sacrificio”.

Yadira
“O regreso de Yadira foi unha alegría moi grande, non só polo persoal de vela adestrar logo dunha lesión tan longa, si non no anímico e o que lle supón ao grupo, foi chegar e xa se puxo á fronte no calentamiento, necesitamos iso neste grupo”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content