Saray Alonso nova xogadora do equipo senior

A centrocampista de 16 anos que procede do fútbol sala incorporouse este verán á pretempada do equipo dirixido por Iván Canal.

Saray decidiu vir ao Rosalía porque “gústame o fútbol dende sempre e ainda que toda a miña vida xoguei en fútbol sala sempre me chamou a idea de xogar nun campo de futbol 11, e o Rosalia era o único clube que me daba esa oportunidade”.

No momento de enfundarse a camiseta do Rosalía, a nova xogadora mostrouse orgullosa de vestir nosas cores “E un orgullo xogar no único equipo femenino ourensan espero estar a altura da situación”.

Saray defínese como unha xogadora que intenta loitar por recuperar o balón, e dalo todo no campo. A posición na que se sinte máis cómoda é no centro do campo, acompañando a outra mediocentro ou en banda como interior. Posición, por certo, na que debutou o pasado domingo fronte o Pereiró.

Traxectoria:

–      Celanova FS (2008-2010)

–      Pabellón (2010-2011)

–      Luis Vives (2011-2013)

–      Ourense Envialia FSF (2013-2014)

–      Ourense CF (2014-2015)

–      Ourense Envialia FSF (2015-2016)

–      UD Ourense (2016-2017) (non chegou a debutar)

Check Also

Vitoria ‘C’-Rosalía: a pola segunda vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dez xornadas sen perder, busca seguir o refacho no Santa …

Skip to content