Umia-Rosalía: a pola primeira vitoria de 2022

O noso ‘filial’ visita na 9ª xornada a un equipo logo de terminar o ano con tres vitorias consecutivas (12:00 h, A.R. A Toxa – Meaño).

Arrinca un novo ano para a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía Cadete, que afronta o seu primeiro partido oficial de 2022 fronte ao Umia CF, correspondente á 9ª xornada da Liga Galega Cadete (12:00 h, Área Recreativa A Toxa de Meaño). O noso ‘filial’ buscará os tres puntos contra un equipo que vén de perder o seu último compromiso na Liga.

O conxunto de Sobrino quere comezar o ano do mellor xeito e intentará seguir coa dinámica coa que pechou 2021 tras impoñerse ao Lóstrego (1-0), Milagrosa (0-5) e San Mateo (6-1). Para iso, deberá continuar co seu bo facer de cara a porta no Área Recreativa A Toxa na última xornada da primeira volta. Outra clave para lograr o quinto triunfo da tempada será a concentración no apartado defensivo contra un equipo que leva 15 goles como local.

Umia-Rosalía: a pola primeira vitoria de 2022

O equipo atópase “con ganas de volver á competición e seguir mellorando”, sinalou o técnico logo de non xogar un partido desde o pasado 18 de decembro na xornada 8 de competición. Con respecto ao rival “non temos moitas referencias pero é un equipo que está competindo moi ben en todos os partidos. Está dous postos por baixo nosa, polo que esperamos un partido complicado no seu campo”.

Umia CF
O rival do Cadete, que marcha sétimo na competición a tres puntos dás azuis, está asinando unha excelente tempada como local cun balance de dous triunfos e un empate. As ‘viquingas’ contan cun brillante rexistro ofensivo nos seus encontros como local con 5 tantos por partido, destacando neste apartado Nuria García, terceira máxima goleadora da competición con 10 goles, nove deles en casa.

Check Also

Derrota pola mínima antes do parón

Un gol de Sofía Miguens ao comezo da partido trunco as opcións dun Cadete que …

Skip to content