Os dous representantes da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía pechan a primeira volta a domicilio fronte a Caldas e Arousana.
A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía Promesas ‘A’ visita ao Caldas CF, mentres que as súas compañeiras do ‘B’ terán unha difícil saída fronte ao Atlético Arousana na 11ª xornada, completando a primeira volta da Liga Galega Promesas Feminina.
Caldas CF-EFF Rosalía ‘A’
As adestradas por María Feijóo visitan o sábado (As Corticeiras, 18:00 horas) ao noveno clasificado da competición. O equipo pontino, que chega tras perder en casa ante o Atlético Arousana no que supón a primeira derrota nos últimos cinco partidos, quere despedirse da primeira volta cun triunfo que lle consolide na zona alta da táboa.

Atl.Arousana-EFF Rosalía ‘B’
Difícil tarefa a que lles espera ás xogadoras de Javier Alonso na súa visita ao mellor local (xunto ao líder Mos) da competición, 4 vitorias e cero derrotas. A cita da decimoprimera xornada dará comezo ás 12:00 horas no Manuel Jiménez Ábalo de Vilagarcía. As azuis intentarán mellorar a imaxe mostrada no primeiro partido do ano, onde foron superadas por Tomiño FCF e seguir a boa progresión demostrada nos últimos partidos de 2021.


