Un paso adiante do noso senior

Chegou a quinta consecutiva, quen nolo iba a dicir… Este frío domingo visitounos o Valladares “B”, sen dúbida un dos mellores equipos da categoría. O Valladares “A”, que viaxaba a Oviedo estaba lastrado por numerosas baixas, eso fixo que o Valladares “B” presentárase no Monte da Aira moito máis mermado que o habitual, pero eso non debe quitar nin un ápice de mérito ao partido que fixeron as nosas xogadoras que foi impecable.

Lineas moi xuntas e presión na creación do Valladares, esas pareceron ser as directrices do corpo técnico para o partido e realmente as nosas xogadoras interpretárono á perfección. Algún que outro cambio táctico máis chamou a atención no noso equipo, Patricia, Sabela Meno e Zaira intercambiaron posicións en varias ocasións e a xogada saiu ben, sen dúbida ningunha vivimos o mellor partido das nosas.

Comezou o partido con moito respeto polos dous bandos, si ben é certo que as locais eran as que chegaban con máis profundidade á porta das visitantes que se defendían ben. Fruto de tantas chegadas nun córner ensaiado Ainara enviaría de cabeza o balón á cruceta e o balón botaba a centímetros da liña de gol… o primeiro aviso serio do Rosalía que según pasaban os minutos conseguía meter ó Valladares na súa propia área.

O cabezazo de Ainara foi o primeiro aviso do Rosalía na área do Valladares “B”

Dúas internadas ata liña de fondo da nosa xovencísima lateral Noa saldáronse con dous perigosos centros que Zaira e Patricia por pouco non chegan a acertar. No último cuarto de hora do Primeiro tempo dous bonitos goles do Rosalía, o que abriu a lata un balón medido as costas da defensa do Valladares ó que Zaira gaña e levándose a porteira marca de tiro cruzado sen oposición. Merecido gol co que abríamos a conta ante o estupor dos presentes. O fio do descanso un gol dos chamados psicolóxicos de Sabela Meno facía que nos fóramos ao descanso ca sensación de podernos levar o partido.

No tempo de lecer a nai de Sabela Meno fixo o seu particular dobrete gañando o segundo sorteo consecutivo

Nos comentarios do descanso dos presentes ao partido xurdía a dúbida de si as xogadoras do Rosalía poderían aguantar o forte ritmo que lle meteron ó partido na primeira metade. Pero as nosas xogadoras non deixan de sorprendernos cada día que pasa. A segunda parte convertírona nun monólogo local. Unha forte presión no medio do campo con Aldarita e Ainara facendo de auténticos muros e o traballo nas bandas tanto das laterais que nunca as víramos subir tanto en ataque e con tanto sentido, facían que as ocasións se sucederan ata que Sabela Meno fixo o tranquilizador 3-0. Alba Rodríguez, que entrou por Yadira, con dous potentes disparos fixo que a porteira visitante se tivera que emplear a fondo e Patricia tamén tivo un par de boas ocasións inda que nesta ocasión non tivo sorte.

A xovencísima lateral dereita Noa con 12 anos realizou un gran encontro

Gran xeira de victorias das nosas senior que as colocan a tan só 4ptos das cuartas clasificadas, algo completamente impensable ao principio da tempada, pero gracias o traballo do corpo técnico e a implicación e as ganas demostradas polas nosas xogadoras non só nos partidos, se non en cada adestramento, fai que o noso clube sexa unha realidade a día de hoxe. Graciñas a todas e cada unha das nosas xogadoras por ser como sodes. Grandes Rosalías!!!

O inmenso traballo das nosas xogadoras comeza a dar frutos. Parabéns a todas!!!

Check Also

Así queda o calendario para a liga 2024/25

As xogadoras de Tamayo comezarán o campionato a domicilio o domingo 15 de setembro no …

Skip to content