Gran xornada para as Promesas no fortín do Monte da Aira

O Monte da Aira estase a converter nun fortín para os intereses do noso clube. Á xeira de resultados positivos das nosas senior témoslle que unir a competitividade que están a mostrar as nosas promesas en cada partido que disputan coma locais.

O Rosalía “A” de Alba Rodríguez enfrentouse ao SC San Mateo, para nós un dos conxuntos que máis progresou futbolísticamente dende que comezou esta competición. Non puxeron doado as cousas as nosas que tiveron que porse o mono de traballo despois de ir boa parte da primeira metade co marcador igualado. Un disputado encontro o que puidemos observar que o final se decantou para as nosas Rosalías. Un gusto ver a evolución das nosas amigas laranxas do San Mateo, a seguir así!!!

As laranxas do SC San Mateo non lle puxeron as cousas sinxelas o promesas “A”

A mesma hora e no outro campo as nosas pequenas do Rosalía “B” de Juanma Bello diron a campanada da xornada ao igualar o seu partido cas nosas amigas do Valladares. Un disputadísimo encontro que se puido decantar na segunda parte en favor de calqueira dos dous conxuntos e no que as nosas bravas Rosalías tutearon o segundo clasificado poñéndolle as cousas moi difíciles en todo momento. Soberbio partido de todas e cada unha das xogadoras de Juanma que demostran así que con esa ilusión temos moito futuro no noso clube. Da gusto veros pequenas!!!

Un auténtico partidazo do noso Rosalía “B” ante un dos mellores equipos da categoría

Como cada xornada na casa na sección “Galería Fotográfica” da nosa web tedes todas as fotos dos dous choques.

Check Also

A nova categoría xa ten plan competicional

Os equipos da Escola de Fútbol Feminino Rosalía xa coñecen o seu primeiro rival, así …

Skip to content