Vitoria fronte o Vilariño

Os goles de Sabela e Feijóo dan os tres puntos á EFF Rosalía nun partido que o noso equipo tivo que traballalo ante un rival moi defensivo.

A Escola de Fútbol Femenina Rosalía comeza marzo en Liga sumando os tres puntos contra o Vilariño no Municipal de Oira. O triunfo fraguouse a lume lento, como dirían os ‘chefs’, no que o noso equipo marcou os dous goles enfronte a un rival que se pechou atrás. Sabela, cun espectacular dereitazo no 28’, e Feijóo tras unha mellor definición no 80’, foron as autoras dos tantos.

A primeira metade terminou con vantaxe do noso equipo, que saiu a dominar desde o primeiro minuto, pero cun rival encerrado atrás as ocasións claras non chegaban. As de Tobaruela merecían bater a portería dun Vilariño que non creaba perigo. O gol chegou nunha xogada sen aparente perigo, Aldarita recupera e asiste a Sabela, que desde o sector esquerdo e ao bordo da área non llo pensa e cun gran derechazo supera a Raquel. A partir dese momento, Aldarita enlazou dúas novas ocasións nos seguintes cinco minutos con senllos tiros desde a frontal que atoparon a mesma resposta, non puido superar a Raquel. A polémica chegou co tempo cumprido. Zaira encara a Raquel, a gardameta derruba á dianteira cando enfilaba a portería e o colexiado do encontro, Renny Mazaira Rodríguez sinala falta ao bordo da área pero non amoesta á xogadora visitante nunha clara xogada que provocaba a súa expulsión. Coas nosas xogadoras contrariadas polo sucedido termina a primeira metade.

Vídeo: Xogada polémica, posible expulsión de Raquel.

Sentencia
Nada cambiou tras o paso por vestiarios, o dominio das azuis seguiu, así como as chegadas pero co mesmo premio que nos primeiros 45 minutos. No primeiro cuarto de hora, Zaira e Bonjoch a punto estiveron de aumentar a vantaxe. O encontro estaba totalmente dominado polo nosas pero o premio do gol non chegou ata o 80′. Candela centra ao bordo da área, Vicky recibe e ve a Feijóo, que levantou a cabeza e sacouse un lategazo coa esquerda ante o que nada puido facer a porteiro visitante. De aí ata o final, seguiu o dominio das de Tobaruela e a punto estivo de marcar Vicky pero o seu tiro despéxano entre Raquel e Marta. As pontinas suman tres novos puntos no pulso pola Liga.

Check Also

Aguiño-Rosalía: a sénior busca os tres puntos en Ribeira

O noso equipo afronta outra partido clave na loita polos postos de fase de ascenso …

Skip to content