As pontinas logran a clasificación matemática para os playoffs grazas a unha solvente goleada.
A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía encarou a 19ª xornada liguera cun obxectivo entre cella e cella: conseguir a vitoria contra o Gondomar e esperar a que San Mateo non lograse a vitoria fronte a Peñasco para poder lograr o obxectivo de clasificarse matemáticamente para os playoffs de ascenso. Pois ben, as de Pere Tobaruela cumpriron a sua parte e lograron unha contundente vitoria nun partido que deixou momentos do fútbol moi vistoso e alegre (0-16).
Trala goleada azul, Peñasco venceu por 3-1 a San Mateo no Federativo de Coia. Ambos resultados colocan ao noso equipo a 9 puntos de distancia (cun partido menos por disputar e o gol-average gañado) das ponteareáns e nove en xogo, o que significa que o equipo xa está matemáticamente clasificado entre os catro primeiros.
Un vendaval ofensivo
A Escola de Fútbol Feminina Rosalía presentouse no Municipal das Cercas cunha declaración de intencións personificada en forma de gol. Cando apenas pasaban 8 minutos do inicio do partido, Fara finalizou cun toque preciso un pase en profundidade ante a saída da guardameta do Gondomar (0-1). A resposta local oito minutos despois, Claudia rouba a saída de balón de Miriam, o esférico cae aos pés de Carla e o seu tiro o repele o larguero. Na xogada posterior, contragolpe de Noa desde o sector esquerdo e o seu centro remátao Noui para colocar o segundo gol pontino (0-2, min. 17). María Feijóo debutaba en partido oficial esta tempada e tamén quixo deixar o seu selo no minuto 21 ao rematar de cabeza un córner executado por Zaira.
A superioridade mostrada tanto no terreo de xogo como no marcador non detivo o fame das de Pere Tobaruela. As azuis seguiron empuxando ás locais cara á súa propia área ata que nos seguintes dez minutos lograron tres goles máis con Fara como protagonista. Noa, en dúas ocasións e Lidia non desaprovecharon tres asistencias da mediapunta para encarar no man a man a María González, que nada puido facer. Antes do descanso, novamente Lidia aproveita unha indecisión entre María e Ana Cristina para anotar o sétimo (0-7, min. 40).
Victoria en estado de gracia
O nome propio da segunda metade foi o de Victoria Carnero. Tras entrar ao terreo de xogo no minuto 66′, a dianteira do equipo infantil, marca dous goles e provocaun terceiro en propia porta. Laura Añón, á saída dun córner abre o marcador tralo paso por vestuarios. Noui asina o noveno tras un bo balón entre liñas de Patricia e marcar a porta baleira despois do rexeite de María ao seu primeiro tiro (min. 64′). Estreou a súa conta Victoria ao rematar o rexeite do travesaño a un dobre disparo de Lidia. Cambiáronse os papeis cinco minutos despois. Remate ao travesaño de Victoria e gol de Lidia aproveitando o rexeite (0-11, min. 73′). La ’35’ pontina firma un bo remate dentro do área a un bo centro de María Suárez (0-12, min.75′). Antes do pitido final, outros catro tantos máis. Dous coa firma de Silvia Sampayo, outro de Fara e pecha a conta o de Verónica en propia porta provocado ao pegar nela o remate de Victoria.