Tobaruela: “Aínda quedan moitas cousas por facer, pero tempo ao tempo”

“As xogadoras executaron ben o traballo feito durante as dúas semanas anteriores, e iso é bo”, explicou o técnico.

Pere Tobaruela compareceu na sala de prensa do Municipal das Cercas para analizar a vitoria da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía fronte ao Gondomar no partido da 19ª xornada de Liga: “Partido de debut con modificacións tácticas e saio satisfeito porque se puxo en práctica todo o traballado durante a semana, cun modelo de xogo no que baseamos mais a posesión do balón e levar nos o control do partido a través do balón”.

“Evidentemente o resultado tamén é positivo porque significa a culminación do traballo ben feito. En definitiva, satisfacción polo traballo feito no campo, que se corresponde co traballo feito nos adestramentos”.

Comezo con vitoria
“Evidentemente gañar sempre é bo para o ánimo, mais neste caso eu valoro a victoria como un premio ao traballo ben feito. Gañar por gañar sen facer ben o que tes que facer, aplicando os conceptos do teu modelo de xogo, para min non ten sentido. O obxectivo principal de onte era controlar o partido a través da posesión do balón. E cumplímolo”.

Demasiada diferenza
“Coido que na Segunda Galega hai diferenzas grandes e por iso sería preciso que, desde a Federación Galega, se impulsara a creación dunha Terceira, así se daría unha competición máis equilibrada tanto en Segunda como en Terceira e iso redundaría na boa formación das xogadoras. Sempre é bo competir contra rivais de similares características. Polo que fai o Gondomar, quero felicitar ao equipo e ao corpo técnico porque nunca baixaron os brazos, a pesar de ir perdendo as súas xogadoras disputaron o balón en todo momento”.

“Se seguimos nesta liña colleitaremos máis victorias”

PERE TOBARUELA, adestrador EFF Rosalía Sénior

Traballo realizado
“No mundo do fútbol o futuro sempre é incerto, porque as xogadoras atópanse en cada partido dunha maneira determinada e os equipos rivais son cambiantes. Iso é o que fai tan interesante este deporte. Remítome ás miñas palabras antes de xogar contra o Gondomar, que dixen que eu non daba nada por feito. Penso que se seguimos nesta liña colleitaremos máis victorias. A fórmula é sinxela: traballo ben feito e mais esforzo, partindo da base que na EFF Rosalía hai moitas xogadoras dun bo nivel. O traballo de formación destes anos é clave”.

Debutantes
“As debutantes estiveron adestrando con nós e xa no seu propio equipo, sexan cadetes ou infantís, estamos intentando que todas traballen uns conceptos similares. Nese sentido o director técnico, Tamayo, ten ben deseñado o camiño e eu son unha peza máis que intento axudar. Dito isto: quero felicitar a todas as xogadoras polo seu compromiso e paixón, e tamén pola súa capacidade e ganas de seguir aprendendo”.

15 días sen partido
“Estamos intentando a ver se para a próxima fin de semana atopamos un partido amigable. Necesito, necesitamos adaptarnos, adestrar e poñer en práctica os novos conceptos que quero ir introducindo no noso modelo de xogo”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content