Bouzas lidera a vitoria do Cadete en Ponteareas

Un gol e dúas asistencias da centrocampistas azul dan os tres puntos ás de Feijóo, que suman o oitavo triunfo da tempada no último partido da primeira fase a domicilio.

Novo triunfo da Escuela de Fútbol Femenino Rosalía, esta vez nun campo ao que lles custou adaptarse ás azuis. O noso ‘filial’ logrou tres puntos na súa visita ao San Mateo na 17ª xornada, penúltima da primeira fase, da Liga Galega Cadete (0-3). Candela Bouzas, cun gol e dúas asistencias, e un bo dominio do ritmo do partido por parte das de Feijóo, adestradora de circunstancias este sábado, permitiron sumar a oitava vitoria da tempada.

Comezou o partido en O Cruceiro coa baixa de Alberto Tamayo, entenador do Cadete ata final de tempada, substituído por María Feijóo e algunha das xogadoras habituais, non recuperadas das súas lesións. As azuis saíron a dominar malia non estar do todo adaptadas ao céspede de herba natural pontareán. O gol chegou aos tres minutos tras un centro desde a banda dereita de Candela Bouzas que remata Nerea ao fondo da rede (0-1). As nosas seguiron insistindo e non tardou en chegar o premio con Candela Bouzas novamente de asistente. Minuto 12′, falta botada por Bouzas e Claudia logra impoñerse a sua marca e facer o 0-2. Malia quedar tempo por diante ou habería máis goles na primeira metade.

Candela Bouzas certifica a vitoria
Non parou de intentalo o noso equipo desde o inicio da segunda metade. Con todo, a insistencia visitante non tivo recompensa ata o minuto 67′. Falta a media distancia que executa Candela Bouzas para bater a Laura. Intentouno a centrocampista nuevamente a balón parado ao filo do pitido final pero o seu chut non sorprendeu á guardameta local. Non houbo tempo para máis, o marcador mantívose e o Cadete logrou o oitavo triunfo na categoría no seu último partido a domicilio da 1ª fase.

Check Also

Fin de semana da Liga Cadete

Vitoria do ‘Amarelo’ e derrota do ‘Azul’. Fin de semana de compromisos oficiais para os …

Skip to content