0-5: Poker de Zaira e triunfo en Lugo

Os cinco goles da dianteira dan os tres puntos no Luís Gorgosa con pleno de vitorias antes da xornada de descanso.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía non cede no seu empeño de lograr o primeiro posto nesta fase. Ante o Milagrosa, no Luís López Gorgoso, logrou os tres puntos e ampliou a 3 a sua racha de partidos con vitoria a falta de dúas xornadas para a conclusión da primeira volta. As de Saa resolveron o encontro nos primeiros 45 minutos, nos que meteron catro goles. Zaira foi a gran protagonista ao asinar os cinco e ser un pesadelo para a defensa local.

O partido arrincou con equilibrio de forzas e no minuto 4 o Milagrosa tivo unha primeira ocasión á saída dun córner, Ainara Silvosa remata alto. Un minuto despois a primeira do Rosalía. Sabela centra dende a dereita e Catalina despexa aos pés de Zaira, que remata pero Catalina fai unha gran intervención. Non perdoaría a dianteira no minuto 17, xogada pola dereita de Aida, o seu centro provoca un barullo no área, que a dianteira remata entre as defensas. No seguinte achegamento, Yadira cede á carreira de Lidia, que pelexa o balón ata a liña de fondo e centra a Zaira para marcar en boca de gol.

Nove minutos despois recuperou Aida no centro do campo, fixo unha parede con Fírvida para logo asistir a Zaira, que superou a Catalina por alto. A centrocampista está sendo a máxima asistente esta tempada. Xa no 36, preludio do gol do partido. Lidia non acerta a superar a Catalina despois de recibir de Zaira e quedar soa contra a porteira. A dianteira (37′), encargada de sacar os cornes, marca de gol olímpico o cuarto da súa conta.

Cuarto gol de Zaira.

Terceiro partido consecutivo sen recibir gol.
O encontro parecía resolto trala gran primeira metade que asinaron as visitantes e no 51′ Saa daba entrada a Noui e Aldarita. Minutos despois saíron Noa Domínguez, Sequeiros e Saray. A Escuela de Fútbol Femenino Rosalía, que apenas concedeu ocasións ao seu rival, deu unha nova lección de solidez e sumou o seu terceiro partido consecutivo sen encaixar gol.

Poker de Zaira
Malia baixar o ritmo de xogo considerablemente na segunda metade, as pontinas seguiron tendo algunhas oportunidades. Noui marcaba no 63′ pero o gol era anulado por fóra de xogo. Catro minutos despois, unha triangulación entre Besada e Aida desfai a presión das locais. A centrocampista asiste ao oco a Zaira que, ante a saída de Catalina, regatéaa e marca a porta baleira. A barbadesa leva marcados oito goles nos dous últimos partidos. Vitoria e a pensar nun novo partido de Liga logo de descansar a próxima xornada. Será o domingo 9 de maio contra o Comercial no Monte da Aira (12:00 horas, horario non confirmado).

Cinco partidos sen perder
Trala vitoria no Luís Pérez Gorgosa, a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía encadea 5 partidos sen coñecer a derrota. A racha comezou o 1 de marzo do 2020 fronte ao SCD Ponte Caldelas e todos eses encontros terminaron con goleada das azuis (42 goles a favor por 0 goles en contra).

As mellares instantáneas do partido na correspondente galería fotográfica na sección “Fotografías”.

Check Also

Vitoria ‘C’-Rosalía: a pola segunda vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dez xornadas sen perder, busca seguir o refacho no Santa …

Skip to content