0-5: Vitoria no derradeiro partido de preparación

Alba, cun gol para enmarcar de falta e outro á saída dun córner, Aldarita, desde fóra do área, Silvia e Noui foron as goleadoras azuis no Manuel Anxo Cortizo de Lalín.

A Escuela de Fútbol Femenino Rosalía logrou unha vitoria no seu último partido de pretemporada ante a EF Lalín feminino, no primeiro partido na historia do club lalinense, demostrando unha maior rodaxe e ritmo ante un Lalín que ten un futuro prometedor cunha plantilla moi numerosa e nova.

No Manuel Anxo Cortizo de Lalín a EFF Rosalía da por finalizados os test de pretempada contra un rival co que compartiremos Grupo na 2ª División Autonómica Femenina. Un equipo en formación con moitas xogadoras novas que a ben seguro van dar moito que falar nun futuro na categoría.

As azuis, máis rodadas e con máis experiencia, non tardaron en adueñarse da posesión do balón dende o pitido inicial, sometendo posicionalmente as locais no seu terreno de xogo e freando a saida de balón das lalinenses cunha presión avanzada. As ocasións comezaron a sucederse sobre a portería local, pero entre o acerto da porteira, os erros das visitantes e o longueiro, parecía que a pelota non quería chegar ata as mallas locais. Mediados os primeiros 45 minutos, falta ao borde do área e Alba “PlayStation” Rodríguez fixo o resto. Ela mesmo colocou o esférico para cun certeiro golpe colocar a pelota na escuadra dereita da porteira local.

A primeira metade remataba coa mesma tónica, algo que non cambiaría despois do descanso. O Lalín tentou avanzar a súa presión e chegou un par de veces a inquedar Rocío, fruto de erros na saida de balón. Nunha destas as locais petaron un balón no longueiro da portería ourensá. Sen embargo este avance de liñas local tamén propiciou máis espazos na defensa, os cales aproveitaron “Aldarita” de tiro dende fora da área ao rematar un rechace, Alba á saida dun córner sobre a liña de gol, Silvia tras gañarlle as costas á defensa rival e “Noui” tras culminar unha contra, para deixar o marcador nun claro 0-5.

A EFF Rosalía Senior retomará os adestramentos o próximo martes despois de rematar os amigables previstos dunha longuísima e atípica pretempada que comezou a primeiros de setembro e que rematará o 11 de abril co inicio dunha competición express.

Check Also

Vitoria ‘C’-Rosalía: a pola segunda vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dez xornadas sen perder, busca seguir o refacho no Santa …

Skip to content