Presentación de Victoria Carnero como nova xogadora

A dianteira ten 12 anos e incorpórase ao club azul dende o fútbol sala.

Vitoria Carnero El Failali foi presentada como nova xogadora da Escuela de Fútbol Femenino Rosalía na sede oficial do club. A dianteira, de 12 anos, incorpórase ao club pontino tras xogar na base do Ourense Envialia FSF. O presidente Mario Gómez deulle a benvida: “Victoria é unha xogadora que nos pediu probar no fútbol 11 e nos sorprendeu pola súa coraxe e o seu traballo. Fáltalle adaptación en conceptos técnicos e tácticos pero ca actitude que demostra cada vez que pisa o campo estamos todos convencidos de que vai a ter unha boa progresión dentro do clube e poderá ser unha boa xogadora nun futuro cercano”.

Xoven talento
“Dende a fundación da escola, a intención do club é contar coas xogadoras de máis proxección da provincia, un reto grande co obxetivo de formar unha base de futbolistas que esperemos algún día déannos moitas alegrías. Nese sentido chega á EFF Rosalía, Victoria”.

A pequena dianteira, de estatura pero non de garra e loita, características que xa demostrou nalgún dos amistosos disputados pola EFF Rosalía Infantil, formouse na categorías inferiores de Ourense Envialia Fútbol Sala Feminino as últimas tres tempadas. Nas súas primeiras palabras como “Rosalía”, a ourensana sinalou: “Decidín vir ao Rosalía porque vin que era unha boa ocasión e así poder dar todo o que teño no campo e aportar o meu granito de area ao equipo”.

A diantera xa disputou seus primeiros minutos coa sua nova camiseta.

Victoria mostrase moi orgullosa de recalar na escola “Para o min pertencer ao Rosalia é unha sensación de que estou avanzando neste deporte, sinto unha melloría deportiva e persoal e esa sensación gústame”. A xoven xogadora non quixo rematar o acto sen apuntar “Pois malia todo considérome boa xogadora, aínda que agora non como antes, ao levar tan pouco tempo no equipo e necesitar un pouco máis de adaptación ao fútbol once”.

Check Also

Gran triunfo do Infantil no Municipal de Oira

O noso equipo gañou no Municipal de Oira cos goles de Cayetana, María, Mihret, Nicole …

Skip to content