1-0: Atopando as sensacións que se buscaban

Vitoria pola mínima do conxunto santiagués no encontro disputado en Santa Isabel entre Victoria FC ‘B’ e EFF Rosalía.

Partido igualado nos primeiros compases grazas á boa colocación das azuis, tendo a ocasión máis clara no minuto 21′ cando a dianteira quedouse soa ante Rocío e o seu disparo rexéitao a gardameta a córner. Seis minutos máis tarde, un centro-chute desde o sector esquerdo non atopa rematadora en liña de gol. Tras uns minutos sen opcións por parte de ambos os conxuntos, a Victoria FC quixo adiantarse antes do descanso. Unha perda de balón na saída polo centro do equipo de Pere Tobaruela terminou cun bo tiro abaixo desde a dereita que, novamente, Rocío o despexa a córner. O posterior saque non tería consecuencias no marcador.

A segunda parte iniciou do mesmo xeito que acabou a primeira con dominio da Victoria FC adiantando liñas. Nos primeiros 10 minutos de xogo han tido dúas ocasións claras para adiantarse no marcador quedándose soas ante Rocío na primeira, pero non puideron transformar o gol grazas á boa actuación da gardameta. En cambio, na segunda, non desaproveitan unha falta ao bordo da área para adiantarse aos 51 minutos de xogo. Durante o resto da segunda parte o equipo de Tobaruela atopouse máis cómodo no campo e demostraron un bo nivel de xogo creando algunha ocasión de risco, sendo a mais perigosa un balón ás costas das centrais que provoca a man da porteira local fose da área ante a posibilidade de remate de Victoria. O colexiado decide non expulsar á gardameta local e Sabela dispara fóra.

Dous partidos seguidos no Municipal de Oira

Van pasando as semanas de pretemporada e a EFF Rosalía séntese cada vez máis cómoda no campo, dando un paso adiante en todos os sentidos nun partido ante unhas rivais moi esixentes e de categoría superior. As pontinas souberon ler o ritmo do partido e cunha boa profundidade defensiva desbarataron o xogo das contrarias. Un bo traballo en equipo que serve de preparación de cara á Liga. Esta semana disputará dous encontros en casa, o primeiro, o 2 de setembro, venres contra Chantada e o segundo, o 4 de agosto, domingo, contra o Viajes Interrías ‘B’.

O técnico, ao remate, mostruose contento co mostrados polas suas xogadoras no terreo de logo santiagués: “As xogadoras renderon a un gran nivel e levaron a cabo o plan de partido, ou sexa, o traballo que levamos preparando desde o inicio da pretempada. Estamos no bo camiño”.

Check Also

Triunfo do sénior en Ribeira con triplete de Noui

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía imponse a Aguiño con tres goles da ourensá, un …

Skip to content