Tobaruela: “Hai que seguir medrando na medida das nosas posibilidades”

“Falei diso coas xogadoras, para afianzar e consolidar”, añadiu o técnico.

Pere Tobaruela compareceu ante os medios oficiais do club despois do último adestramento previo ao amigable que disputarán mañá no Municipal de Oira fronte á SD Chantada. O técnico dixo: “Seguimos en plena pretempada e estou seguro que o Chantada vainos poñer as cousas difíciles”.

“Nós poremos en práctica o traballo da semana para intentar seguir medrando aos poucos en todos os sentidos”.

Pretemporada
“Estamos traballando dous sistemas de xogo e neste partido xogaremos cada parte cun deles”.

“O domingo o equipo de un paso adiante”

Pere Tobaruela, adestrador EFF Rosalia senior

Evolución do equipo
“O domingo pasado contra o Victoria ‘B’ xa dixen que o equipo deu un paso adiante. Falei diso coas xogadoras, para afianzar e consolidar. Hai que seguir medrando na medida das nosas posibilidades”.

Equipo base
“Nas convocatorias están as xogadoras que hai dispoñibles. Temos algunha lesionada e algunha enferma. A idea é contar cun bo número de xogadoras porque a Liga é longa e poden sucederse diferentes circunstancias”.

Pretemporada longa
“Non estou preocupado, estou ocupado en adestrar ben, en conseguir chegar un nivel futbolístico óptimo que nos permita gozar e competir ben”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content