9-1: Vitoria clara no primeiro test en Oira

A EFF Rosalía impúxose á Milagrosa no segundo amigable da pretemporada disputado no Municipal de Oira.

Arrincou con bo pé a pretemporada 2022/23 a Escola de Fútbol Feminina Rosalía en casa. O conxunto dirixido por Pere Tobaruela logrou unha clara vitoria ante a SCD Milagrosa (9-1). As dianas foron obra de Victoria (3), Sabela (2), Laura Añón, Zaira, Aroa e Silvia. O noso equipo continua a súa preparación mañá, onde se medirá á Vitoria CF (domingo, 19:30 h).

As pontinas, coas debutantes Cuquejo e Valeria, saíron a por todas desde o primeiro minuto. As azuis empezaron e terminaron o partido controlando o xogo con e sen balón. Así, unha combinación entre Sabela e Zaira no minuto 4 terminou co primeiro gol do partido que adiantaba ás locais. A dianteira barbadesa converteuse pois na primeira goleadora pontina nesta tempada. A resposta visitante chegou das botas de Ainara, que sorprendeu a adiantada a Rocío cun chut desde 30 metros que colocaba as táboas no marcador. O noso equipo non paraba de crear perigo e despois dun córner botado por Zaira, Laura Añón, no minuto 14, conseguiu o segundo gol. Inmediatamente despois, un centro desde a dereita de Noui terminou co primeiro tanto de Sabela. Antes da pausa por hidratación, Aroa aproveita unha indecisión no área pequena para aumentar a vantaxe e a cinco minutos do descanso, un bo contragolpe de Candela termina co tanto de Silvia Chao, a dianteira define desde o punto do penalti.

A pequena dianteira foi un encordio para a defensa rival.

Triplete de Victoria
Ao comezo da segunda metade Sabela sorprende a Ainara Álvarez cun lanzamento de falta afastado. Pouco despois o ‘triplete’ de Victoria con tres goles que chegan tras presión da dianteira na saída do balón da defensa luguesa e superar no man a man a gardameta visitante. O partido terminaría con outra ocasión e Candela que deten a gardameta visitante nunha boa intervención.

Nove goles e boa imaxe do Rosalía, que mañá viaxa a Santiago para medirse á Victoria nun partido que servirá para seguir preparando ao equipo para o inicio da competición ante un rival de superior categoría.

Check Also

Triunfo do sénior en Ribeira con triplete de Noui

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía imponse a Aguiño con tres goles da ourensá, un …

Skip to content