1-0: Derrota do Cadete no primeiro partido do ano

O ‘filial’ cae derrotado co Umia no seu estreo de 2022 co gol de Minerva.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía Cadete arrincou 2022 da peor forma posible. O noso ‘filial’ perdeu na novena xornada da Liga Galega Cadete co Umia (1-0) no primeiro compromiso oficial do ano. O noso ‘filial’ callou un bo partido que se resolveu cun solitario gol de Minerva, rompendo a racha positiva das azuis, que viñan de gañar os seus últimos tres encontros de Liga.

O partido estivo marcado polo duelo táctico de ambos equipos, no que a diferenza de idade dáballes un pequeno plus nos duelos individuais ao equipo local. A igualdade foi a tónica dominante nos primeiros 40 minutos. Demasiado xogo de medio campo, sen xerar perigo en ningunha das dúas áreas, nin un tiro a portería para ningún dos dous equipos.

O segundo tempo comezou na mesma liña que antes de retirarse ao descanso. Todo cambiou no minuto 59 nunha xogada que decidiu o encontro. No primeiro disparo da segunda parte por parte das locais o balón sae fóra. Diego Fernández decide facer un cambio e a xogadora substituída sae pola liña de fondo. Alejandro Gómez manda sacar a Valeria malia que a xogadora do Umia non entrara. Isto despistou ás nosas xogadoras, situación que aproveitou Minerva para adiantar ás ‘viquingas’ no único tiro a porta de todo o partido. Malia que o seguiron intentando o marcador mantívose e as de Sobrino viron cortada a súa racha de partidos invictas sumando a cuarta derrota da Liga ante o sétimo clasificado, que agora empata a puntos coas pontinas, comezando 2022 con mal pé.

Check Also

O Azul dobrega ao Amarelo no derbi da Liga Cadete

Nun derbi vibrante, con gran ambiente nas bancadas, os goles de Xiana serviron para levarse …

Skip to content