O Infantil arrinca o ano cun empate ante ao Umia a domicilio

Uxía Romeu abriu o marcador na segunda metade e Sara Domínguez logrou a igualada pontina desde os once metros.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía estrea 2022 con empate ante o Umia CF a domicilio (1-1). As de Diego Castro, loitaron ata o último minuto porque os tres puntos viaxasen a Ponche Canedo. O Infantil saía con un claro 4-3-3 para aproveitar as dimensións do terreo de xogo e poder progresar por fora con dúas extremas ben pegadas a liña de banda.

Comezamos dominando en todas as liñas, disputando cada balón e ganando a maior parte dos duelos individuais. No minuto 10 chegou a primeira por conta de Victoria. A dianteira errou un man a man diante de Sara Pedreira. A resposta local chegou cunha xogada de saque longo que Míriam e Noa Sanz resolven sen problemas. Cinco minutos mais tarde, Sara estivo a punto de adiantar as azuis cunhada tiro lonxano que pasa preto do pau. As boas combinacións no centro do campo de Nair, Sara, Xiana e Lucía Torres permitiu xerar situacións favorables para facer un xogo vertical coas extremas, pero as impresicións nos centros non creaban perigo en área rival.
No minuto 25, sucedería a mellor ocasión do equipo rival. Xogada a balón parado, pero o disparo marcha por enriba da portería defendida por Aldara. A punto de cumprirse o tempo regulamentado de la primera metade, xogada conflictiva. Victoria recupera o balón, inicia o contragolpe con claro tres para dúas pero cando encaran a portería rival, a colexiada María López decide pitar o final entre os asubíos do público.

Sara e Uxía Romero marcan tanto na ida como na volta

Así chegou o descanso, tralo cal repetiríase o mesmo guion que no inicio do encontro, pero con diferentes protagonistas e desenlaces. Antía e Candela Losada estaban moi activas por banda, pero os seus centros non conseguían xerar perigo. O mazado chegou no minuto 63. Falta lonxana, sen perigo aparente, que executa Uxía Romero, o disparo colle a Aldara mal colocada e solo poder palmexar o balón cara dentro da portería, 1-0. Os fantasmas de partidos pasados sobrevoaban o ambiente, unha vez mais o dominio era das e Castro e eran as rivais as que se adiantaban no marcador. E con todo iso tocaría sufrir durante sete minutos. Victoria, que volveu callar un gran encontro, recibe unha falta perigosa a noso favor. A encargala de sacala é Antia, seu dispara e rexeitado polo brazo estendido dunha xogadora do Umia. María López sinalou os once metros. Sara non falla empatando o partido, 1-1. De ahí ao final, o encontro foi un monólogo a favor do Rosalía, pero o marcador xa non se movería. a pesar dun remate co xeonllo de Victoria a centímetros da portería rival.

Con este empate, o equipo pontino segue en quinta posición, por detrás de Atlético Arousana, e xa pensa no duelo ante o Lóstrego CF, segunda das citas que terán a domicilio neste comezo de 2022.

Diego Castro permanecía contrariado ao remate do encontro: “E difícil de explicar como un partido tan atractivo e con tantas chegadas resolvase con un 1-1 por dúas xogadas a balón parado, pero así é o fútbol. A nosa asignatura pendente de todo o ano segue a ser a finalización, o que nos está penalizando á hora de resolver os partidos”.

Check Also

O Infantil cae derrotado ante o Lóstrego CF (0-7)

As azuis non puideron puntuar en casa ante un rival moi superior. A Escola de …

Skip to content