Rosalía gaña o ‘derbi’ e segue firme nos primeiros postos

O golazo de Fírvida, o ‘póker’ de Ana, os tantos de Patricia e Aldarita e o doblete de Zaira, certifican a segunda vitoria consecutiva do noso equipo.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía está lanzada e continúa firme en postos de playoffs. O noso equipo gañou o ‘derbi’ no Campo de Vista Fermosa de Paderne e logrou ante o Cañiza a segunda vitoria consecutiva a espera de xogar o partido adiado con Porriño. Un ‘póker’ de Ana anotando os tres primeiros na primeira metade, un doblete de Zaira e os goles de Patricia, Aldarita e Noa Fírvida, deron os tres puntos ás de Saa, que encadenan seis partidos invictas e avantaxan en catro puntos ao San Mateo, quinto clasificado.

O encontro comezou con moitísimo ritmo por parte das azuis, creando numerosas ocasións. A primeira chegou aos dous minutos. Lidia centra desde a esquerda, Patricia dispara desde o bordo do área e o esférico o bloca sen problemas Ana Rodríguez. Todo cambiou un minuto despois. Boa xogada de María dentro do área sendo derribada, penalti que executa Zaira, a dianteira non falla o 1-0. A resposta visitante chegou a balón parado. Fani lanza e detén Rocío.

Ana, con catro goles, foi un pesadelo para a defensa rival e Ana Rodríguez.

O gol cambiou o encontro e as locais apenas sufriron sentenciando antes do descanso. O segundo chegou tras unha boa xogada de Patricia regateando a duas rivais, asiste a Ana (9′) e a dianteira supera á porteira cun forte chut ao segundo pau. Catro minutos despois puido ampliar distancias o Rosalía. Pase cara atrás de Ana e Patricia intentou superar a Ana Rodríguez, pero a cancerbeira detén o balón. Foi o preámbulo do terceiro. Patricia triangula con Lidia, entra no área e asiste á centrocampista, que regatea a Ana Rodríguez e marca a porta baleira no minuto 16′. Intentouno novamente a balón parado Cañiza, pero o tiro de Linda sae fóra.

As pontinas seguían creando ocasións en área rival e así chegaron tres goles máis. O primeiro de Aldarita no minuto 27 tras unha rexeite da defensa rival tras unha boa xogada de María. Tres minutos despois, xogada individual de Ana que aproveita un balón morto no medio campo para logo de superar a dous rivais encarar á porteira e marcar o quinto. O sexto, no último minuto da primeira parte. Balón en profundidade de María e Ana, cunha vaselina supera a saída de Ana Rodríguez.

A segunda metade comezou co Cañiza tendo o balón. No 49′, internada de Linda por banda, centro ao área e Rocío adiántase ao remate da dianteira. A xogada fixo reaccionar ao Rosalía, que ampliou distancias dous minutos despois. A asistencia foi de novo de Lidia e esta vez foi Zaira a que levou o balón á rede cun remate dentro do área.

Sofía Pérez convírtese na quinta cadete en debutar esta tempada co senior.

Golazo de Fírvida, ‘poker’ de Ana e debut de Sofía.
No minuto 53 chegou a xogada do partido. Noa Fírvida, que saía no descanso, recupera un balón na medular e sae como unha flecha cara portería regateando a toda xogadora que atopa polo camiño ata atoparse cara a cara fronte a Ana Rodríguez dentro do área e non fallar no man a man, golazo. De aí ata o final, as de Saa defenderon con orde a pesar do baixón de ritmo do encontro. No minuto 58 o técnico facía debutar a Sofía co equipo senior, a lateral dereita convertíase na quinta xogadora do equipo cadete en debutar coas ‘maiores’ esta tempada. Aos 70 minutos do comezo do partido Ana completou o seu particular ‘poker’ de goles. Contra da dianteira que lla entrega Noui, a súa remate rexéitao a porteira e Ana marca de tiro cruzado o noveno.

O Rosalía impúxose no ‘derbi da A-52’ cunha contundente vitoria para continuar selando unha gran tempada consolidándose na parte alta da táboa a seis e un punto dos dous primeiros clasificados cun partido menos. ¡Arranque inmellorable do 2022!

Check Also

Touro-Rosalía: a polo cuarto posto

O noso equipo visita o Municipal de Loxo no encontro da 22.ª xornada de Liga …

Skip to content