1-0: Un gol de Nerea dá a vitoria fronte o Caldas

O Cadete suma os tres puntos e segue invicto en O Seixo no que levamos de 2022.

Traballado triunfo do Cadete ante o Caldas na decimotercera xornada da Fase de Grupos da Liga Galega Cadete. Con esta importante vitoria, o ‘filial’ mantense invicto no Municipal do Seixo nos tres partidos disputados no que levamos de ano 2022. Nerea foi a autora do gol do equipo dirixido por Jorge Sobrino.

As visitantes entraron ao terreo de xogo exercendo unha forte presión, mentres que as nosas xogadoras parecían querer gañar sen baixarse do autobús. Uxía puxo a proba a Valeria no 8′ cun disparo desde o lateral que a guardameta despexou a córner. Claudia tamén o intentou doce minutos despois, pero o seu tiro rebotó en Laura Ríos e o rexeite recólleo Caride que cede a Silvia, o seu disparo a porta baleira sae fóra. Seguidamente, Yanina tivo a ocasión máis clara ao rematar ao pau un contragolpe iniciado por Uxía, pero o filial seguiu ao seu, sen claridade, aínda que a réplica chegou pasados cinco minutos. Silvia coloca o balón en profundidade a Zaira e o seu centro remátao Candela Bouzas pegado ao pau.

Nerea foi a autora do gol do triunfo.

Trala reanudación o Rosalía foi o primeiro en crear perigo. Noa, desde o lateral, armou un bo disparo que se pasea por diante da liña, remátao Zaira no outro lateral e o mesmo resultado. Pero o premio finalmente chegou pouco logo de cumprirse a hora de partido. Aitana avanza pola banda dereita, o seu centro despéxao en semifallo Yanina, Nerea remata e logo de tocar nunha defensa supera á porteira rival para poñer ao noso equipo por diante. Tres minutos a resposta do Caldas chegou novamente dos pés de Uxía, o seu tiro despéxao Valeria. As azuis anularon as chegadas ao área do rival e lograron o triunfo no seu peor partido da tempada como locais, tal como comentou Sobrino ao remate do mesmo: “Poderia dicirse que si, veniamos competindo moi ben toda a liga e si que se noto un bajón neste partido. É certo que foi unha semana cunha alta carga de traballo, pero non nos pode valer de escusa”.

“Partido bastante floxo pola nosa banda, en ningún momento sentímonos cómodas nin fomos capaces de levar a cabo a formulación previa”, rematou dicindo o técnico.

Check Also

Fin de semana da Liga Cadete

Vitoria do ‘Amarelo’ e derrota do ‘Azul’. Fin de semana de compromisos oficiais para os …

Skip to content