1-1: Táboas nun partido de moita igualdade

Rosalía adiantouse por medio de Lidia e Dolores asinou o empate para o Lóstrego no Municipal de Oira.

Rosalía e Lóstrego “B” empataron un partido moi igualado no disputado no Municipal de Oira correspondente á xornada 18 de Liga. As locais adiantáronse cando se superaba o primeiro cuarto de hora. Zaira presionou a saída de balón e Lidia superou a Alicia cun tiro cruzado dende fora do área. Lóstrego puido empatar tres minutos máis tarde. Recuperación de Emma e Rocío, moi atenta, sae fóra do área para impedir o remate da dianteira. Foi o preámbulo ao empate das visitantes. Un minuto despois, Emma presiona a saída de Laura Añón, recupera o balón e asiste atrás para que Dolores non perdoe desde o punto de penalti (1-1, minuto 26′). Pouco antes do descanso puideron adiantarse novamente as azuis nunha combinación de Zaira con Lidia que non acerta a cortar Laura Abraira e aproveita a centrocampista para encarar a portería rival pero o seu remate pega no lateral da rede.

Lidia foi a goleadora azul nos dos partidos.

A segunda parte comezou máis aberta e puido darlle a volta ao marcador Dolores de falta directa ao minuto de renovarse o partido no 46′, pero o seu disparo rebota no travesaño e sae despexado. Catro minutos despois, Noui non acerta entre os tres paus unha asistencia de Zaira entre as dúas centrais rivais. As visitantes seguían buscando o tanto da vitoria e puido chegar nun man a man de Emma que sacou Rocío cos pés. A partir dese momento o partido foi máis físico e as ocasións non chegaban para ningún dos dous equipos ata os instantes finais. Intentouno Patricia cun tiro afastado moi centrado que atallou sen problemas Alicia. Pero máis clara foi a ocasión de Lóstrego no 81′ nunha xogada moi protestada polo banquiño visitante. Gran pase con de Dolores a Emma entre as centrais, que non puido superar a Rocío na saída ao darlle a gardameta coa man, o colexiado sinala falta e tarxeta amarela. O tiro posterior de Dolores deteno Rocío sen problemas. Xa non houbo tempo para máis.

Con este empate, tanto Lóstrego como Rosalía xa non dependen de si mesmas para alcanzar a segunda praza, en posesión de Peñasco a falta da xornada do domingo.

Check Also

Touro-Rosalía: a polo cuarto posto

O noso equipo visita o Municipal de Loxo no encontro da 22.ª xornada de Liga …

Skip to content