A seguir na loita

A EFF Rosalía recibe ao Lóstrego “B” a falta de unha xornada para o final da Liga no partido adiado da xornada 18 (21:00h; Municipal de Oira)

Terceiro contra cuarto mídense esta noite no Municipal de Oira. O Rosalía-Lóstrego “B” ten todos os ingredientes para ser un partidazo. O obxectivo do noso equipo é lograr a decimoquinta vitoria no que vai de campionato e depender de si mesma para alcanzar o segundo posto. O campo pontino albergará un gran partido de fútbol entre dous dos tres mellores equipos na parcela ofensiva. Queda unha xornada para o final e as azuis queren ampliar a racha de 2 encontros consecutivos invicto no campionato.

O desta noite será o segundo partido entre ambos tralo partido da primeira volta. Partido que terminou en táboas: 2-2 na Gándara-Chaín o día que Lidia logrou un doblete nun encontro que terminou con polémica pola actuación arbitral. Rosalía chega á cita cunha boa dinámica de dous partidos consecutivos invicto en Liga, unha racha que amplían as rivais de hoxe, ao non coñecer a derrota desde o pasado 6 de febreiro na xornada 14, logrando 7 vitorias consecutivas.

“Este xoves xogamos contra un dos equipos máis fortes do noso grupo que, coma nós, tamén ten a posibilidade de acabar en segunda posición se consigue a vitoria”, dixo Tobaruela na roda de prensa previa ao encontro. Na convocatoria do técnico catalán estará Zaira, que atravesa un gran momento de forma con 4 tantos a pasada semana. Tamén, Noui e Lidia, que forman unha parella con 23 goles entre as dúas.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Rocío.
Defensas: Noa, Laura Añón, Miriam, Silvia, Feijóo y Sequeiros.
Centrocampistas: Aldarita, María, Sara Bonjoch, Patricia, Lidia e Sabela.
Dianteiras: Zaira, Noi y Victoria.

Goleadores
No Municipal de Oira veranse as caras dúas dos tres equipos máis goleadores da Liga. A EFF Rosalía suma 95 polos 59 que logrou o Lóstrego nos 18 encontros disputados. Emma e Marta Rodríguez forman a mellor parella con 18 e 16 goles respectivamente. Ademais, as de Andrés Moreira son, xunto a Mos “B”, os únicos equipos que aínda non perderon a domicilio esta campaña.

Check Also

Touro-Rosalía: a polo cuarto posto

O noso equipo visita o Municipal de Loxo no encontro da 22.ª xornada de Liga …

Skip to content